18/11/08

A lectura na sociedade da información


Esta semana están tendo lugar en Madrid unhas xornadas monográficas baixo o título A lectura na Sociedade da Información organizadas pola fundación Santillana. Recollemos algunhas das intervencións do día da inauguración publicadas no diario El País.


Fernando Reimers: catedrático de Educación Internacional na Universidade de Harvard.

  • A lectura non é un área máis, é a peza fundamental para aprender o resto de materias. Por iso, tanto a directora da escola como o profesor de matemáticas ou ciencias e a supervisora curricular deberían ter polo menos un nivel básico de coñecemento acerca de como promover a aprendizaxe da lectura e a escritura no seu ámbito específico.
  • A función que ten a lectura e escritura no ámbito familiar tamén inflúe nos hábitos que desenvolve un neno.
  • Un problema común do profesorado na súa formación inicial é a falta de preparación especializada na didáctica da lecto-escritura.
Ignacio Polanco:presidente do Grupo PRISA.

  • As novas tecnoloxías revitalizaron a lectura
    A lectura é o resorte máis importante na aprendizaxe e o que dá sentido a todos os recursos que as tecnoloxías da información e a comunicación achegan. (...) Estas revitalizaron a lectura, facéndoa máis necesaria e salientando os seus aspectos máis necesarios, a comprensión e a valoración.

Mercedes Cabrera: ministra de Educación.
  • As familias teñen un papel fundamental no hábito de lectura dos fillos.
  • A misión do profesorado non termina en transmitir coñecementos, senón en espertar o afán por coñecer, por ler.
  • Os profesores deben ler cos alumnos para transmitir o pracer da lectura e o ansia de aprender.
  • Os alumnos non deben conformarse cos libros obrigatorios na escola, senón que hai que acompañalos para que saiban elixir os que lles axuden a entender o mundo e a participar nel.
  • Tamén destacou a importancia de mellorar as bibliotecas escolares como lugar non só de estudo, senón tamén de refuxio '' e de goce.

    Na fotografía recollida de EL País, Ignacio Polanco e Mercedes Cabrera seguen a conferencia de Fernando Reimers.

9/11/08

pagina2.rtve.es/


Porque falar de libros tamén pode resultar entretido. Os domingos ás 20:30 h. na 2 de TVE.

PRÓXIMO PROGRAMA:
Redifusión: 16/11/2008

Entrevista:Alberto Manguel.

Reportaxe: A infancia dos escritores.

Personaxe: Pedro Martínez de la Rosa .

Película:Noches de tormenta.
Óscar López é quen dirixe e presenta este programa que
deleitamos os que vivimos entre libros.

2/11/08

A noite de Samaín



Segundo os vellos costumes celtas e seguramente tamén os castrexos, o ano pártese en dúas estacións, verán e inverno. E o paso dunha estación a outra dáse exactamente na noite que vai do último día de outono ao primeiro día de Santos. A noite de Samaín.
Pepe Carrreiro fainos rir e disfrutar nesta festa dos calacús onde os mortos regresan ao mundo dos vivos e con eles tamén as fadas e as pantasmas.
Lectura recomendable para iniciar o mes de novembro e comprobar que certas influencias externas non son mellores que as tradicións que nos veñen dadas pola nosa cultura.
Reserva o libro pinchando aquí.

1/11/08

Tumbas de poetas e pensadores

Cees Nooteboom autor de Tumbas de poetas y pensadores fai un recorrido polo mundo da literatura visitando aos seus «mortos amados» para entablar diálogos con eles, para verificar as súas palabras, a súa inmortalidade.
Peregrinou á tumba de Neruda en Chile, á de Antonio Machado en Collioure, á de Stevenson en Samoa, ás de Keats e Shelley en Roma, ás de Balzac e Proust no cemiterio de Père Lachaise de París...
Na opinión de JOSÉ MARÍA GUELBENZU este libro de Cees Noteboom é ao mesmo tempo un libro fermosísimo, maxistral e humilde. Recollo aquí as súas palabras:
Es un libro para lectores, es un libro para gente que ama la literatura sin, por paradójico que parezca, caer en la idolatría.
Hay algo íntimo, personal, en el hombre que se detiene ante la tumba de sus poetas amados. Los ama porque le han hecho reflexionar sobre la vida y porque le han mostrado la belleza insondable de un mundo estremecido por el dolor, las pasiones, la alegría, la desesperación y la incertidumbre y porque al hacerlo, en cierto modo, le han rescatado de ese mundo turbulento, durante el tiempo de la lectura, para reconocerlo a él, al lector, como ser único, singular y privilegiado, como destinatario de una emoción que lo identifica y le nombra por sí mismo.
Temos o libro na Biblioteca. Non deixedes de solicitalo estes días precisamente nos que os nosos difuntos e os cemiterios están tan presentes.Resérvao dende aquí mesmo.