22/3/09

5 motivos para ler poesía



1.- A poesía non morde, non fai dano e, aínda que hai quen pense o contrario, non é aburrida, nin romanticona, nin ridícula, nin difícil. E hai moitos tipos de poesía para que elixamos.

2.- A poesía serve para ler, cantar, gritar, recitar, rapear, musicar, declararse, rebelarse contra o mundo ou para sinxelamente rumorear suave ao oído. Tamén é un somnífero para durmir ben, unha pastilla sen química que mellora a saúde e o benestar, e relaxa ás persoas e serve, sobre todo, para explicar as razóns e as emocións que non veñen no dicionario.

3.- Os poemas son como caixas de ferramentas, valen para todo: para sentilos, manosealos, lelos, cheiralos, gardalos nun armario, ensucialos, para ligar, para polos encima da cabeza, colgalos na parede, limpalos, recortalos, reescribilos, merendalos nun bocadillo de papel, ordenalos, metelos na neveira e lelos coa cabeza mais fría, ou deixalos sobre a cama para devoralos á noite, clandestinamente, cando todos deitáronse. AdemaIs, a poesía cura enfermidades como a impaciencia, os nervios, os pés planos, os enfados, a dor de cabeza, as feridas imprevistas, as dores de amor, as indigestións, a ansiedade e algunhas gripes.

4.- A poesía está nas cousas que nos rodean a diario, na música, na amizade, no supermercado, na risa, na moto, no váter, na esperanza, na rutina, nas cousas persoais, na ruela sen saída, no mar contaminado, na tristeza, no teu barrio, no ceo cuberto, no computador, nun berro, na paisaxe, na conversación e nas rúas. Onde ti queiras.

5.- O importante da poesía non é obsesionarse con descifrala (besito tarantino), senón saber gozala, sentila, e intuíla. Na poesía reconforta sentir o seu ritmo, a súa música, a súa sonoridade, os seus xogos de palabras que por veces nos cegan, as imaxes fascinantes que nos ofrece. E tamén os seus enigmas. Poetizarse. En definitiva, facer da poesía un pracer.

5 motivos para ler poesía. FRAN ALONSO

2 comentarios:

Unknown dijo...

A poesía, é tal e como nolo explica en " 5 motivos para ler poesía". É como un método curativo, e sen efectos secundarios, senta ben poder ler poesía, pero dos grandes poetas.

Ylenia Silva.

marta dijo...

Fran Alonso, que ha escrito este texto tiene toda la razón. Me ha gustado mucho la experiencia de leer estas líneas. Creo que tiene razón sobre todo, cuando dice que la poesía cura enfermedades. Yo creo, que lo cura todo.
Ahora que he empezado a saborear algo de poesía, me he dado cuenta de que es una lectura muy especial. Antes cuando me hablaban de los poemas, siempre pensaba el frases aburridas y empalagosas. Pero no lo son. La poesía son los sentimientos del corazón de la persona que escribe.