30/4/09

A xuventude ten a palabra

Case cento sesenta rapaces e rapazas quixeron un ano máis rendirlle tributo á PALABRA. E van ser eles os que fagan uso dela para escribir narracións e poemas, demostrando unha vez máis, maila o que crean moitos, que a mocidade é participativa e sabe comportarse según o requiren as circunstancias.
No ximnaxio do instituto xuntáronse os compañeiros do IES de Vilalonga e os dos centros de Primaria adscritos, Dorrón, A Florida e o colexio de Portonovo, que se sumou este ano á iniciativa.
Parabéns a tod@s por contribuir coas vosas palabras e coa vosa actitude á realización deste Certame que cumpre xa cinco anos. Podemos dicir que medramos. Medramos en madurez, compromiso, en saber estar, no dominio da palabra...
No día da realización da proba todos e todas sodes merecedores do Premio!!!



2 comentarios:

Adri dijo...

Nunca antes participara nun certame literario, e a experiencia foi moi boa; estar alí, todos xuntos, en silencio, concentrados, escribindo.

Pareceume incrible poder conseguir que tanta xente de tantas idades e colexos, poideran traballar en semellante silencio e con tanta calma.

Repetirei para o ano
ADRIÁN

Adri dijo...

Hola.
Chámome Yolanda e estiven participando no certame literario .
A verdade é que ao principio estaba moi nerviosa á pesar de lerme polo menos 3 veces cada páxina dun librome de miña irmá .Non pensei que me atoparía precisamente así .Logo recordei todo o que aprendei no colexo e neste mesmo centro , consellos , cousas importantes que ata entón non me dera conta que incluso por moi insignificantes que foran tiñan un valor moi importante.A continuación , para facer os adxetivos máis saborosos citei na miña mente todo aquilo que aprendín este ano.Sen saber como fixen un gran relato que para o meu gusto , estaba moi ben.