29/4/09

TROPA DE TRAPO

O poder de seducción da palabra que o envolve todo creando unha atmósfera cálida, suxerente, misteriosa... xunto co poder da música, sempre unha boa aliada nestes casos, conseguiron nas voces e na melodía interpretada pola xove parella de Tropa de trapo cautivar a todos os que o luns 20 de abril nos xuntamos na Fundación Caixa Galicia.




Pero todavía hai máis. O turno agora é para os rapaces e son eles quen teñen a palabra e unha madeixa de lá. Cúmpre tirar do fío e botarlle algo de imaxinación para obter un bo resultado.

Son contos compartidos. Un grupo de rapaces dos centros de A Florida, Dorrón, Portonovo, Vilalonga e Sanxenxo reuníronse para coñecerse despois de participar na elaboración dun conto a través da rede.

Visitade o blog de Rubén para coñecer a súa opinión. Non deixes tampouco ti de ofrecernos a túa.

E se queres ver máis fotos ou saber máis acerca desta actividade visita o wiki dos contos compartidos.

3 comentarios:

Equipo da Biblioteca dijo...

Antonte, Dolores Tobío contábanos todo o que facedes na vosa biblioteca. Eu xa escoitara falar de vós, pero non imaxinaba que realizásedes un traballo tan marabilloso e máxico. Por ese motivo, dende Bibliobarro (http://bibliobarro.blogspot.com) vos queremos agasallar. Visitade a nosa páxina e vede de que se trata.

marta dijo...

Me gustó mucho esta salida. Porque los cuentos no eran como los típicos que te cuentan siempre. Eran muy originales. Ademas, las actividades que icimos después fueron muy divertidas. Sobre todo una que teníamos que decir una o dos frases inventadas(para ir haciendo una historia) y agarrag un hilo de lana. Al final el ovillo de lana quedó echo un lío.
Pero esa salida fué muy divertida y todos lo pasamos muy bien.

Sergio Otero dijo...

Eu participei nos contos por correo, a verdade é que foi moi interesante e a maneira de contar os contos gustoume bastante. Ademais cando a que falaba era a muller o home tocaba diferentes instrumentos, o que facía que estes conta contos foran diferentes.

Raquel.