- "As charlas dos escritores non as vai a escoitar todo o mundo, pero o venres o auditorio estivo cheo. Eu non escoitei todo o discurso de Xabier P. Docampo, pois cheguei tarde.
Un dos temas que máis me sorprendeu foi o de que cando che mandan escribir unha historia de"tema libre"non está ben pois deberían asignarche un tema concreto. Tamén, fíxome gracia, cando o escritor Xabier P. Docampo díxonos o que pensamos realmente dos nosos pais na nenez e na adolescencia. O grupo de acróbatas encheu de alegría o auditorio, tanto facendo piruetas e acrobacias como facéndonos pasar un bo rato coas risas que nos botamos todos. Cando empezaron a chamar aos finalistas, foi cando máis nerviosa estaba pero, non me tocou. Na categoría B, saíron seleccionadas Marta, Raquel e Clara. En canto subiron ao escenario, foi coma se o premio me tocase a min. Creo que fun das persoas que máis lles aplaudiu. Do concurso de debuxo, sen comentarios. Digo sen comentarios por Alberto, compañeiro de toda a vida, que ao subir ao escenario, e sen evitalo, sufriu, unha cousa moi común, un ataque de risa... Todo, a charla e o espectáculo, foron unha experiencia moi bonita, ao que non foron algunhas personas, pero se soubesen o que aprendemos e o ben que nolo pasamos, dou por feito que virían". Ylenia.
- "Foi moi satisfactorio ir a entrega de premios do certame literario porque aparte de rirme moito cos acróbatas, as palabras do autor fixéronme reflexionar sobre o que significa a literatura para nós porque dende a creación da vida existe a literatura, a palabra e agora é algo que non sabemos valorar porque unha persoa sen a literatura non pode vivir porque ao comunicarmos xa estamos a utilizar a palabra. A vida dunha persoa baséase nos soños e eses sonos sostéñense grazas a literatura. Aparte das palabras do autor, tamén houbo un espectáculo e na entrega de premios a maioría foron do I.E.S. de Sanxenxo o que é moi satisfactorio. O autor adicou á xente que tiña libros seus, foi unha verdadeira pena non ter un libro del, pero aparte diso paseino moi ben". Sandra D.
- "O venres cinco de xuño houbo a entrega de premios do certame literario. A min gustoume moito. Foi moi gracioso, xa que había un gran espectáculo protagonizado por tres acróbatas. O home era un chistoso e tiña como unha vara máxica para facer rir. As mulleres eran como dúas gomas elásticas, pero cando querían eran fortes coma a mar nunha marexada. O escritor, Xabier P. Docampo, para min expresouse moi ben e penso que nos dixo todo o que tiña que dicir. Contounos coma se fora unha historia , referíndose a que sen literatura non nos poderíamos relacionar.O que máis me gustou foi cando nos empezou a asinar os contos e os debuxos que facía en cada un dos libros." Jorge
- " A experiencia foi moi novedosa e anima a xente a participar se non se fixo ou a volver para o ano que ven. A actuación de “Duelirium” foi fenomenal; non sabía que con un metro de carpinteiro se puidesen facer tantas figuras, foi divertidísimo. Non vou falar da charla porque a min non me gustou moito, pero vou falar da experiencia de estar alí, con todos aqueles rapaces e rapazas de outras idades e de outros centros, todos con un fin común... escribir para gañar. Despois da tensión da entrega de premios e despois de ver que non quedaches finalista, a maioría das veces sempre se di un a si mesmo: “para o ano heino facer mellor, seguro”, polo menos a min pasoume." Adrián M.
- "O venres 5 de xuño, foi a entrega de premios do V certame literario do I.E.S. Sanxenxo, pero foi mais que unha entrega de premios, pois acudiu Xavier P. Docampo e houbo un espectáculo. Nese espectáculo participaban tres xóvenes que facían cousas increíbles co seu corpo, dándolle tamén un toque de humor, ademais esas tres persoas eran os presentadores da gala. Cando chegou a hora da entrega de premios un dos presentadores, primeiro dicía os nomes dos oito finalistas e logo os dous gañadores de cada categoría. Seguro que todos os rapaces presentes na sala, ao chegar a súa categoría estaban moi nerviosos, eu, o estaba. Rematados os premios de literatura comezaron cos de debuxo, facendo igual, pero había dous finalistas e un premiado, un dos presentadores comezou a meterse cun finalista, ese finalista empezou a rir, e contaxiounos a risa a todos. Sólo fáltame falar do escritor que acudiu a gala, Xavier P. Docampo, que chegado o momento, subiu ao escenario e deunos unha fala para animarnos a ler e a escribir cada vez máis, e tamén contounos como comezou o seu traballo, todo isto o fixo falando para nós, os rapaces e rapazas, polo que fíxose máis interesante e levadeira. Rematada a gala Xavier P. Docampo, tivo o honor de asinar os seus libros. Algunhas persoas tiñan libros seus, pero outras poideron tamén ter a sinatura do escritor porque un dos premios que levaban os gañadores era un libro de Xavier P. Docampo, entre outras cousas. Esta entrega de premios encantoume." Mónica.
- "As palabras do escritor fixéronseme un pouco pesadas, tal vez porque non estaba de todo concentrada, aínda que hei de recoñecer que cando dixo aquilo de que ''os pais son seres marabillosos cando eramos pequenos, que o sabían todo e que eran capaces de facelo todo , que chegada a adolescencia parécenos que cómo poden ser tan "idiotas" e que parece imposible que teñan algo que ver connosco. Chocoume bastante que á súa idade soubese expresar o que pensan os mozos. A verdade, a velada fíxose máis amena grazas ao grupo Duelirium, que nos deleitou cos seus exercicios de acrobacias e chistes. Gustoume moito, polo seu enxeño, un texto que leu o presentador, trataba sobre a vida dunha cera branca, en resumo a entrega de premios foi gratificante". Sara.
- "Quien lo iba a decir,
un premio de escribir a mi.
Yo en verso,
escribí el texto
y recibí un premio.
Es sorprendente,
delante de toda esa gente
te dan un premio decente
y te aplauden alegremente.
Yó escribí contento,
ganar era mi meta,
diploma, libro y libreta,
gané por mi texto.
Para el año que viene
otra vez lo mismo,
a por el primer premio,
terminará siendo mío.
Al escritor mucho
no le pude escuchar,
pero lo poco que atendí
oí bastantes chistes,
y mucho me reí,
en ese momento de la sala
me fuí,
me dió pena,
un chiste me perdí.
Me dijeron que entrara
que iba a ser llamado,
y quando recogí el premio
un regalo me fue entregado." Jorge C.
- "Mis tripas sonaban, mi mente palpitaba y un extraño vacío poblaba mi barriga. Me senté en una de las butacas de la primera fila junto a mis amigas. El espectáculo comenzó. Habitaban el escenario, dos esbeltas jóvenes que vestían de rosa y un muchacho con una vara, que tenía un toque divertido en su rostro.Tras alguna demostración, estas tres personas dejaron paso en el escenario a un famoso escritor (Xavier P. Docampo), que habló de lo que es escribir y de la importancia de leer. Al principio, yo escuchaba atentamente, pero poco a poco me fui acomodando en la butaca. De pronto, mis oídos se sobresaltaron al oír la palabra "adolescencia". Aquel hombre estaba hablando de nosotros, pues decía que a nuestra edad llega una cierta inspiración que nos empuja a escribir poemas de amor para desahogarnos porque dice que es lo que ahora mismo, consideramos más importante. Y eso, me llamó la atención porque es totalmente cierto. Llegó la entrega de premios. No sé porque, pero justo en ese momento fue cuando... mis tripas, sonaban; mi mente, palpitaba y un extraño vacío poblaba mi barriga. Cuando la joven de rosa comenzó a leer el contenido de aquel sobre, yo, sinceramente, no me esperaba salir entre los finalistas. Tampoco sé como, pero sucedió; mi nombre sonó en toda la sala y una inmensa alegría inundó todo mi ser. Marta O.
No hay comentarios:
Publicar un comentario