3/11/09

E ti, ¿que farías se contases con 15 minutos?




Dende abril de 2007 continuamos co desenvolvemento do  primeiro obxectivo do PLAN LECTOR do centro, consolidando un tempo específico para a lectura individual dentro do horario lectivo en todas as áreas e niveis da Educación Secundaria Obrigatoria. Daquela  éramos poucos os centros que iniciábamos esta andaina, pero hoxe congratulámonos de todo o contrario. Velaí tan só algunhas referencias de institutos que  fan eco nos seus blogs da posta en marha da Hora de ler.

IES ILLA DE ONS, BUEU
IES CASTRO DE BARONCELI, VERÍN
IES AUGA DA LAXE, GONDOMAR
IES RIO CABE, MONFORTE DE LEMOS
IES MARÍA SARMIENTO, VIVEIRO
IES ALEXANDRE BÓVEDA, VIGO
IES DE CATABOIS, FERROL
IES BLANCO AMOR, OURENSE
CPI SAN VICENTE de A BAÑA
. IES PINO MANSO de O PORRIÑO

  ...

Somos sabedores tamén de outros centros que  incorporan este ano esta práctica lectora. A todos eles, e en especial ao veciño IES de Vilalonga, desexarlles unha longa andadura.


Pódese vivir sen ler, abofé. Pero esta é unha opción que cada cidadán debe tomar en liberdade, nunca como consecuencia dun sistema que oculte, debilite ou faga imposible a lectura.

Antonio Basanta (FGSR)

5 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

Parabéns polo éxito acadado co que nun principio houbo quen veu como unha tolemia. Máis "Bendita Tolemia"!!
Nós estamos no camiño, e vémosvos como un dos exemplos a seguir.
Apertas dende Fene.

Biliomanía dijo...

Tolemia para elexir, para descubrir, para disfrutar da lectura.
O tempo para ler sempre é un tempo roubado ¿por que non podemos planificalo como o facemos con calquera outra actividade diaria e reservarlle un espazo?

Sorte e felices lecturas!

olga dijo...

Hora de ler...¡un agasallo no medio da xornada escolar! Así o sentía eu os primeiros días en que a puxemos en marcha. Ese acto tan íntimo, tan placentero, feito por todos á vez. O cole en silencio. ¡Un agasallo!
Como son consciente de que nos IES é moito máis complexo botala a andar...¡noraboa ós pesados e pesadas que o conseguides!

Bibliobaronceli dijo...

Axiña chegarán á ESO, alumnos/as que veñan co hábito adquirido da HORA DE LER en infantil e primaria. E quizais os da secundaria empuxarán aos Bacharelatos e ciclos...
Que a roda non pare, malia os atrancos e inconvenientes que xa imos detectando no camiño.
Apertas desde Verín.

Biliomanía dijo...

Efectivamente, ao noso centro xa chegan os alumnos co hábito de ler nas aulas. O feito de ler, cando menos, non lles sorprende e iso, considero que é un logro. Poderíamos dicir que somos un equipo de Normalización da lectura???