Dende abril de 2007 continuamos co desenvolvemento do primeiro obxectivo do PLAN LECTOR do centro, consolidando un tempo específico para a lectura individual dentro do horario lectivo en todas as áreas e niveis da Educación Secundaria Obrigatoria. Daquela éramos poucos os centros que iniciábamos esta andaina, pero hoxe congratulámonos de todo o contrario. Velaí tan só algunhas referencias de institutos que fan eco nos seus blogs da posta en marha da Hora de ler.
• IES ILLA DE ONS, BUEU
• IES CASTRO DE BARONCELI, VERÍN
• IES AUGA DA LAXE, GONDOMAR
• IES RIO CABE, MONFORTE DE LEMOS
• IES MARÍA SARMIENTO, VIVEIRO
• IES ALEXANDRE BÓVEDA, VIGO
• IES DE CATABOIS, FERROL
• IES BLANCO AMOR, OURENSE
• CPI SAN VICENTE de A BAÑA
. IES PINO MANSO de O PORRIÑO
...
Somos sabedores tamén de outros centros que incorporan este ano esta práctica lectora. A todos eles, e en especial ao veciño IES de Vilalonga, desexarlles unha longa andadura.
Pódese vivir sen ler, abofé. Pero esta é unha opción que cada cidadán debe tomar en liberdade, nunca como consecuencia dun sistema que oculte, debilite ou faga imposible a lectura.
Antonio Basanta (FGSR)
5 comentarios:
Parabéns polo éxito acadado co que nun principio houbo quen veu como unha tolemia. Máis "Bendita Tolemia"!!
Nós estamos no camiño, e vémosvos como un dos exemplos a seguir.
Apertas dende Fene.
Tolemia para elexir, para descubrir, para disfrutar da lectura.
O tempo para ler sempre é un tempo roubado ¿por que non podemos planificalo como o facemos con calquera outra actividade diaria e reservarlle un espazo?
Sorte e felices lecturas!
Hora de ler...¡un agasallo no medio da xornada escolar! Así o sentía eu os primeiros días en que a puxemos en marcha. Ese acto tan íntimo, tan placentero, feito por todos á vez. O cole en silencio. ¡Un agasallo!
Como son consciente de que nos IES é moito máis complexo botala a andar...¡noraboa ós pesados e pesadas que o conseguides!
Axiña chegarán á ESO, alumnos/as que veñan co hábito adquirido da HORA DE LER en infantil e primaria. E quizais os da secundaria empuxarán aos Bacharelatos e ciclos...
Que a roda non pare, malia os atrancos e inconvenientes que xa imos detectando no camiño.
Apertas desde Verín.
Efectivamente, ao noso centro xa chegan os alumnos co hábito de ler nas aulas. O feito de ler, cando menos, non lles sorprende e iso, considero que é un logro. Poderíamos dicir que somos un equipo de Normalización da lectura???
Publicar un comentario