10/11/09

Libros e apuntes rotos.

A mín nunca me compran  un can.
Se tivese un, agora me defendería.

Así comeza o relato escrito por Espido Freire sobre o acoso escolar recollido nun libro que reúne vinte relatos máis sobre o mesmo tema. Escritores de recoñecido prestixio como Rosa Regás, Lola Beccaría, Andreu Martín, Gonzalo Moure, Martín Garzo, Sierra i Fabra... unen as súas voces coa intención de que nos preguntemos cal é a nosa actitude concreta ante este problema.
Como educadores que somos este libro 21 relatos contra el acoso escolar, non pode pasar desapercibido ou esquecido nas estanterías da biblioteca. Selecciono un breve fragmento do conto de Care Santos, titulado Marcar un gol, que cando menos invita á reflexión:


Descubro que, al igual que en algunos lugares parecen concentrarse los malos recuredos, hay otros que solo conservan los buenos. La BIBLIOTECA, por ejemplo. Muy pronto descubrí que los libros eran buenos amigos de los solitarios como yo. Ellos no me excluían de sus juegos, no murmuraban cosas desagradables a mi paso ni se burlaban de mi torpeza o de mi inteligencia. Por eso comencé a pasar los recreos en la biblioteca. 

O mesmo relato comeza cunha cita de Bill Gates, intelixente, xenial.

Sé amable con los empollones de la clase, porque existen muchas posibilidades de que termines trabajando para uno de ellos.

 A propósito deste tema citar unha película española do 2008 dirixida por Corbacho e Juan Cruz, Cobardes,  cun final desasosegante e da que podermos atopar unha guía didáctica en educared .


Na longametraxe nárrase a historia dun rapaz acosado polos seus compañeiros de instituto, sendo o acosador o fillo dun concelleiro catalán. Aquí queda patente a  importancia das novas tecnoloxías nos comportamentos violentos dos mozos e os medos que todos, nenos e adultos temos ante  as dificultades da vida. 
 



No hay comentarios: