6/11/09

As serpes cegas




As serpes cegas  é o libro de Banda Deseñada  que vén de acadar o Premio Nacional de Cómic do Ministerio de Cultura. A  noticia ten para nós un valor engadido ao ser un dos poucos  álbumes editados en galego que ademais forma parte do catálogo de fondos da Biblioteca.
                                                
Felipe Hernández-Cava  e Bartolomé Seguí  sitúannos  entre Nova Iorque e España no ano 1939 a través dun  emigrante que chega a América na procura dun home que incumpriu un pacto. Ao mesmo tempo que contemplamos axustes de contas, refléxanse os sucesos desa  época convulsa  e de  marcado carácter ideolóxico a través de imaxes cunha forte expresividade.

O Premio Nacional de Cómic recaiu o ano anterior en Paco Roca pola súa obra sobre o alzeimer Arrugas que poderás atopar tamén  na Biblioteca.




1 comentario:

Ronsel dijo...

Cando o lin, hai xa case un ano, encantoume. Alédame o seu premio. E máis que estea na nosa lingua (http://trafegandoronseis.blogspot.com/2009/02/as-serpes-cegas.html)
Saúdos