As serpes cegas é o libro de Banda Deseñada que vén de acadar o Premio Nacional de Cómic do Ministerio de Cultura. A noticia ten para nós un valor engadido ao ser un dos poucos álbumes editados en galego que ademais forma parte do catálogo de fondos da Biblioteca.
Felipe Hernández-Cava e Bartolomé Seguí sitúannos entre Nova Iorque e España no ano 1939 a través dun emigrante que chega a América na procura dun home que incumpriu un pacto. Ao mesmo tempo que contemplamos axustes de contas, refléxanse os sucesos desa época convulsa e de marcado carácter ideolóxico a través de imaxes cunha forte expresividade.
O Premio Nacional de Cómic recaiu o ano anterior en Paco Roca pola súa obra sobre o alzeimer Arrugas que poderás atopar tamén na Biblioteca.
1 comentario:
Cando o lin, hai xa case un ano, encantoume. Alédame o seu premio. E máis que estea na nosa lingua (http://trafegandoronseis.blogspot.com/2009/02/as-serpes-cegas.html)
Saúdos
Publicar un comentario