Non podíamos deixar pasar o mes de outubro sen rendir a nosa homenaxe á Biblioteca e aliámonos co cine. Unha exposición da carteleira, un xogo de pistas e a proxección de varios fragmentos de películas como o que recolle o vídeo de Cadena Perpetúa foron a nosa proposta.
Ademais, como xa vén sendo habitual nos últimos anos, cinco profesores do equipo da Biblioteca asistimos ás Xornadas de BE en Santiago. Un magnífico fin de festa para rendirlle ás Bibliotecas un posto visible nos centros. Moitos blogs fixeron referencia ás ponencias e os seus relatores. Citar O Segrel do Penedo como mostra.
2 comentarios:
De entre todas as películas que fan referencia ás biliotecas, "Cadena Perpetua" é unha das máis impresionantes. Parabéns pola elección.
Por certo, para O Segrel é un placer ser referenciado nun blog que tanto admiramos.
Apertas dende Fene.
Impresionante tamén é soñar con un bibliotecario como Tim Robbins e admiralo na súa tenacidade. Penso que no mundo das Bibliotecas precisamos moito das dúas cousas: da perseverancia e dos soños.
Publicar un comentario