La orilla perra del mundo é o titulo dunha obra de teatro escrita baixo a supervisión de Sanchis Sinisterra, que mostra as pequenas violacións cotiás que se producen dos Dereitos Humanos.
A obra componse de escenas, máis ou menos dramáticas que forman segundo o propio autor, "anacos rotos de innumerables espellos deformantes" do mesmo xeito que as imaxes do mundo pasan diante da nosa mirada anestesiada.
A montaxe da obra dirixida por Sanchís Sinisterra, correu a cargo da compañía Teatro do común, formada por un grupo profesores e alumnos de Ensino Secundario madrileños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario