9/12/09

Un premio da comunidade educativa


Todavía sen encaixar a noticia que acabamos de recibir,  queremos compartila cos outros centros premiados de  Galicia e co resto das Bibliotecas que pertencen ao PLAMBE porque supón o recoñecemento a un traballo compartido e disfrutado.


Este II Premio do “concurso nacional de buenas prácticas para la dinamización e innovación de las bibliotecas de los centros escolares” do Ministerio de Educación é o resultado dos grans de area aportados cada día por tod@s vós.

Grazas:

Aos rapaces e rapazas que visitades a biblioteca,
aos que levades libros en empréstito,
aos que asinades un compromiso achegando as mochilas ás aulas,
aos que formades parte do equipo da Biblioteca.

Aos centros do concello cos que colaboramos e compartimos experencias e actividades (IES de Vilalonga, CEIP de Dorrón, CEIP A Florida, CEIP de Portonovo). Igualmente á rede de Bibliotecas Municipais.

A Patricia e Amelia, a Lara e Mónica que facedes posible que a biblioteca abra polas tardes.

Aos compañeiros e compañeiras que xa non están, pero que impulsaron este proxecto dende os seus inicios…

A todo o profesorado e aos distintos equipos directivos do centro, que nestos anos creron e apostaron por unha Biblioteca integrada e visible dentro do organigrama educativo.

Aos que,dende a súa responsabilidade impulsaron o cambio e o desenvolvemento das Bibliotecas escolares galegas, polo aprendido de tod@s e  para seguir avanzando xuntos no compromiso das Bibliotecas como espazo común.



8 comentarios:

Ronsel dijo...

Uns parabéns moi merecidos desde a miña xa antiga admiración. De todo corazón.
Saúdos de Gracia Santorum

Loly dijo...

Benquerida Loli, dende Fene, os nosos parabéns por este merecidísimo premio que non é nin máis nin menos que o recoñecemento ao voso magnífico traballo.
Agora toca disfrutalo que o levades ben gañado.
Bicos dende Fene

Beni dijo...

Desde logo que é un premio ben merecido, a tantos esforzos por mellorar día a día e un traballo ben feito do que nos sentimos orgullosos

biblioteca dijo...

Dende Valadares os nosos parabéns. Sentímonos moi felices deste merecido premio. Bicos.

Biblioafonso dijo...

Un longo percorrido... un camiño sen fin... un sempren aprender... un nunca chegar...Isto son as nosas bibliotecas... pero cun recoñecemento coma este...FANTÁSTICO.
Parabéns polo traballo recoñecido despois de tantos anos.

Antonio Martínez dijo...

Había tempo que non pasaba polo blog. Está fenomenal. Parabéns. E que ocasión mellor que o premio para volver por aquí?
Está visto que o premio é ben merecido. Parabéns a todo o equipo da Biblio (en especia para Loli), ao alumnado e a toda Comunidade Escolar. Se non sabes como gastar os cartos, avisade. Bicos

olga dijo...

Canta alegría, Loly. Canta alegría de que sexa posto en valor recoñecido e publicitado ese traballo que con tanto cariño e paciencia levades anos tecendo.
Un bico ben, ben grande

A Pescadora de Historias dijo...

Noraboa por ese premio!!Todos sentímonos moi orgullosos do voso éxito.
Bicos
A Pescadora de Historias de "Unha biblioteca chea de tesouros". CEIP Esteiro, Ferrol.

Se ha producido un error en este gadget.