9/3/10

A conspiración das lectoras, pioneiras da igualdade.



Esta recente publicación da que o filósofo José Antonio Marina é  coautor ofrécenos unha visión aberta dun grupo de mulleres que entre os anos 1926 e1936 propuxéronse adiantar o reloxio de España. Reuníanse no Lyceum Club e nos seus salóns, entre conferencias e cuncas de té, libraron batallas culturais e lexislativas  a prol da igualdade da muller.

Pasaron máis de setenta anos, e hoxe seguimos a falar de este tema.O 8 de MARZO conmemórase o Día Internacional da muller traballadora en todo o mundo.

Que foi o que se avanzou? Segundo o ensaio de J.A.Marina, durante os anos de funcionamento do Lyceum, sobre todo durante os anos da Segunda República, a causa da muller logrou maiores avances cualitativos no camiño da igualdade, que os que houbo no periodo que media entre a Constitución de 1978 e hoxe.





1 comentario:

I. CAMACHO dijo...

Interesante recomendación. Tomamos nota. Saúdos.