A Biblioteca do IES de Sanxenxo convoca o VI Certame literario aberto á todos os centros de ensino do concello e zonas limítrofes. O obxectivo da iniciativa é consolidar entre os estudantes hábitos e ambientes lectores e escritores, ademáis de establecer unha ponte entre as distintas etapas educativas e compartir experiencias.
A realización do concurso pasa por dúas fases:
1. Selección previa no centro dende o que se participa e envío do listado de participantes antes do 13 de abril ao endezo eléctrónico:
bibliotecaiessanxenxo81@gmail.com
bibliotecaiessanxenxo81@gmail.com
2. Realización dunha proba escrita no IES de Sanxenxo sobre un tema proposto pola organización o venres 23 de abril de 9:30 ás 12 horas.
Co obxectivo de publicar os textos gañadores e finalistas, seleccionados nas distintas categorías do VI CERTAME LITERARIO, convócase á súa vez, un único PREMIO DE ILUSTRACIÓN que poida ser a portada do libro que recolla estos textos.
Os participantes do Premio de Iustración terán como requisito ser estudantes menores de 23 anos.
O tema: “A palabra como materia prima dunha obra de arte.”
A técnica: libre.
Para ampliar a información:
Bases do VI Certame literario.
Bases do Premio de Ilustración 2mil10
Imaxes das convocatorias anteriores
No hay comentarios:
Publicar un comentario