Máis de dous centenares de mozas e mozos xuntáronse na mañá do venres 23 no pavillón do instituto para participar no VI Certame Literario. Este ano ademais dos centros habituais, Magaláns-Dorrón, A Florida, Portonovo e o IES de Vilalonga, sumouse o IES As Bizocas do Grove.
Durante hora e media, cun folio diante, a mente ben desperta e uns versos como guía os participantes tiveron que tentar crear cadanseu universo, invertar mundos e personaxes, transmitir emocións, procurar unha idea orixinal, decidir a palabra xusta, precisa… Todo nun tempo acotado que fai que teñan que arriscar e escoller o camiño que lles levará a un resultado final, que de non ser óptimo, non haberá o tempo para desandalo.
A experiencia de vivir estas horas de escritura en soidade, á vez que compartidas cos demais fainos sentir orgullosos da nosa labor como docentes e fai merecedores de premio aos participantes.
De igual maneira, non podemos esquecer aos profesores e profesoras que os acompañaron e os animaron a escribir. Grazas pola vosa colaboración!
O hábito de organizar un contido mental e expresalo con claridade e corrección é a maior proba de madurez alcanzada polos bachareles e o mellor test para medir o avance do proceso educativo en todos os seus graos. Fernando Lázaro Carreter.
Máis fotos en A beira das palabras. Grazas!!
Reflexións sobre a escrita: As nosas creacións
No hay comentarios:
Publicar un comentario