11/7/10

Verbas para Rosalía


O día 15 cúmprense 125 anos da morte de Rosalía de Castro.
Por que non aproveitar este aniversario para ler ou reler algúns dos seus versos? A súa sombra segue entre nós guiando o camiño das distintas xeracións de lectores e de  poetas como Luz Pozo, Marilar Aleixandre, Dores Tembrás, Yolanda Castaño, Antía Otero... Cada unha delas recolle  aspectos da súa obra e da súa figura como dun pozo cun potencial permanente de recursos. As súas herdeiras escriben dela e para ela:

Seguindo as túas pegadas
descalza de pé e perna
de Cornes ( u- los fermosos campos?)
ao cruceiro de Ramírez
vou apañando faragullas
do banquete de Conxo
(...)


Es parte da familia
nai, ás veces podemos
chamarte madrastra:
é tradición;
renegarmos de ti
que nos aprendiches a escribir
apropiareime da túa cabeza cortada
 fareille un altar
cubrireina de flores ventureiras
(...)

se me chamas
encontrarei o camiño, faragulla a faragulla
profanaremos do bosque as umbrías
rabuñaremos novos cantares. Marilar Aleixandre.

Dous séculos máis tarde os teus ósos non asentan
e aínda procesionan o cadáver de peto en peto,
con ansía de mandar na estrela da pobre da tola,
deglutir as túas arestas feras
e acomodarte a ti, a inadaptable. Yolanda Castaño.

O certo é que o sorriso de Rosalía ao carón de Lady Di ou Julio Iglesias resultaba unha illa subversiva e evidentemente o subversivo incomodabaAntía Otero.


Recomendamos unha antoloxía, axil e coidada publicada por Faktoría K para ler nestes días azuis e sen presas.  A escolma  de  poemas pertencen aos libros Cantares gallegos e Follas novas. Belén Padrón dálle forma e cor a cada poema, plasmando nas súas ilustracións a súa visión do imaxinario ‘rosaliniano’. Imaxes de contido onírico e simbólico sobre o desamor, a morriña, a beleza da paisaxe, as inxustizas sociais, a saudade e o desacougo interior. Tendes o libro na Biblioteca. Achegádevos!


Máis información  no cultural deste sábado 10 de xullo de A Voz de Galicia.


No hay comentarios: