Este fin de semana tivo lugar en Santiago de Compostela, no Pazo de Congresos o III Encontro de Bibliotecas escolares de Galicia arredor do tema VARIACIÓNS SOBRE A LECTURA. Alí estivemos formando parte dun panel de experencias que amosaron o que se está a facer dende as bibliotecas dos distintos centros galegos e algún tamén de fóra.
Entre os ponentes das conferencias salientar a presencia de Teresa Colomer, Javier Celaya, Manuel Bragado e Antonio Rodríguez de las Heras sempre de interese para a reflexión e o debate.
Tamén este fin de semana publicábase no xornal Galicia Hoxe unha entrevista ao presidente de AGABEL
(Asociación Galega polas Bibliotecas escolares e a Lectura) co título Tempo agasallado na que se recoñecen moitos dos logros conseguidos nestes anos, aínda que todavía faltan por regular algunhas cuestións importantes como a creación da figura da persoa responsable da biblioteca escolar e o tempo de dedicación a estas actividades que lle son propias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario