5/11/10

"Empuñando el alma"



Rubén Suárez, cantautor chileno ofrecerá en varios institutos da zona  un recital poético- musical como homenaxe a Miguel Hernández.
Sempre acompañado da súa guitarra escoitaremos  na súa voz  e tamén na voz de compañeiros e compañeiras de 4º ESO, poemas como
El niño yuntero,
Menos tu vientre,
Para la libertad,
Recoged esta voz,
LLegó con tres heridas... 

De Rubén Suárez sabemos polo seu blog que "dende pequeno mostrou afección pola música, era daqueles nenos que facían graza cantando a última canción do momento; que en cada ocasión que tiña saía ao escenario, a ler un texto, recitar unha poesía, ou a cantar. Cando tiña 12 anos formou un grupo musical que cantaba cancións folclóricas para acompañar os bailes do grupo de danzas do seu colexio.

Na década dos 70, cando rematou o Liceo e cursaba estudos superiores, arranxounas para conseguir a súa primeira guitarra, con 18 anos. Así comezou todo, unha canción tras outra ían incorporándose ao repertorio; a finalidade entreter os amigos, reunirse con eles e pasalo ben guitarreando.

Chegou a década dos 80, os traballos eran escasos e os soldos ofertados non eran, o que se di, sueldazos. Ante este panorama laboral a alternativa era emigrar. Nos paneis da universidade anunciábanse traballos no estranxeiro, Brasil, Arxentina, España, principalmente. Rubén, con 21 anos, a carreira acabada, moitos currículos enviados e ningunha resposta, non era a excepción, ou quizais si.

Así comezou a gran viaxe, coa música ás costas"


O martes 9 aquí o teremos entre nós, grazas á xenerosidade e o bo facer da Biblioteca do IES de Vilalonga que se encargou de toda a xestión e organización.

Unha mostra do libro "Viento del pueblo" 1936 - 1937, no centenario do  nacemento de M.H. "Recoged esta voz"


 

Aquí tengo una voz enardecida,                                              
aquí tengo un vida combatida,                                                             
aquí tengo un rumor, aquí tengo una vida.
Abierto estoy, mirad, como una herida                                       
Hundido estoy, mirad, estoy hundid
en medio de mi pueblo y de sus males.

Herido voy, herido y malherido,
sangrando por trincheras y hospitales.
Hombres, mundos, naciones, atended
escuchad mi sangrante sonido,
recoged mis latidos de quebranto
en vuestros espaciosos corazones,
porque yo empuño el alma,
empuño el alma cuando canto.

Aquí tengo una voz enardecida,
aquí tengo un vida combatida,
aquí tengo un rumor, aquí tengo una vi……….da.
Esta es su obra, esta:
pasan, arrasan como torbellinos,
y son ante su cólera funesta
armas los horizontes y muerte los caminos.


Aquí tengo una voz enardecida,
aquí tengo un vida combatida,
aquí tengo un rumor, aquí tengo una vida.
Recoged este viento, naciones,
hombres de este mundo, recoged este viento.
Aquí tengo una voz enardecida,
aquí tengo un vida combatida,
aquí tengo un rumor,
aquí tengo una vi……..da.

No hay comentarios:

Se ha producido un error en este gadget.