19/11/10

PONTEpoética



Este fin de semana tivo lugar en Pontevedra o primeiro festival de poesía PONTEpoética dirixido por Yolanda Castaño e coordinado por Antón Sobral, Xaime Toxo e Carlos Fontes.

Os poetas galegos María Lado, Lucía Aldao, Manuel Forcadela e Román Raña; as castelás Ada Salas e Elena Medel; os cataláns David Castillo e Josep Pedrals, e as poetas vascas Miren Agur Meabe e Leire Bilbao, foron os representantes, nesta primeira edición,  da literatura actual do estado.

A simple presencia no escenario da súa persoa e a súa voz, harmonizada coa forza das palabras, converteron unhas tardes de chuvia en calidez e benestar para todos os asistentes.

Agardamos que o festival continúe e se consolide en Pontevedra!

No hay comentarios:

Se ha producido un error en este gadget.