10/11/10

"O segredo dos Hoffman"



Este sábado13 de novembro, no Auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo a Compañía Lagarta, Lagarta poñerá en escea o espectáculo O segredo dos Hoffman, unha adaptación da novela homónima de Alejandro Palomas.

Roberto Salgueiro, a quen moitos coñecedes por ter visitado o noso instituto, é o  autor responsable da adaptación do texto, un guión eficaz  e cargado de humor que acompaña o drama persoal de cada personaxe.


A dirección da posta en escea corre a cargo de Rosa Álvarez e entre os actores destacar a actuación de Ernesto Chao que interpreta ao patriarca da familia Hoffman, un cantante de éxito que vive en Buenos Aires e a de Belén Constenla no papel da filla.


O segredo dos Hoffman recolle as inquedanzas de catro personaxes dunha mesma familia que despois de anos atópanse no enterro da avoa. Con este pretexto, a súa propia vida vailles dar a oportunidade de achegarse e preguntar o que sempre temeron dicir.
Unha historia intensa con enorme carga emotiva que non deixará indiferente. Non a perdades!

No hay comentarios: