Traio libros
que son o alimento da imaxinación e unha biblioteca que é o restaurante
onde se alimentan as emocións. Tezo árbores atrapadoras de contos,
e atrapo contos e cocíñoos para as nenas e nenos. Anxo
Moure
O carballo con botas existe,
no outono recollemos botas vellas, facémoslles buraquiños, enchémolas de terra
e pousamos dentro delas belotas, castañas.... para empregalas como viveiros
forestais.
Na primavera xorden os carballos (e
castiñeiros, e nogueiras) con botas,que viaxan o longo do ano polas escolas como parte do proxecto de
contos medioambientais, deixando a mensaxe de que dentro do vello, da
destrución, do lixo... pode xurdir a esperanza, a vida, o futuro.
+ info: http://www.contosolidarios.org/
Anxo Moure, o Carballo con botas estará en Sanxenxo o 12 de abril percorrendo rúas e prazas co seu ciclomotor pola mañá e pola tarde no Auditorio Emilia Pardo Bazán impartindo un obradoiro para tod@s os rapaces e rapazas de Sanxenxo dentro do I Encontro Lemos xuntos 2012
Anótate na túa biblioteca ou envía os teus datos a lemosxuntosanxenxo@gmail.com
Para botar unha ollada aos outros obradoiros, conferencias, contacontos cliquea aquí:
No hay comentarios:
Publicar un comentario