Da man do colectivo Flu.or chéganos este vídeo que recolle o proceso de elaboración do chamado "gorro de gnomo", que alberga como unha gran campá os libros para que repousen alí debaixo ó seu abrigo e para que todo aquel que por alí se achegue, poida botarlle unha ollada e lelos.
A gran campá, quedarase no Auditorio Emilia Pardo Bazán, ao amparo da Biblioteca municipal para o uso e disfrute de cantos por alí se acheguen. Dona Emilia terá que estar ben contenta! Aqueles tempos nos que ela veraneaba en Sanxenxo disposta a ler os libros daquela biblioteca que descubrira na casa alquilada polos seus pais reflíctense nos tempos de hoxe. O seu exemplo traspasa a porta do Auditorio, que está agora repleto de máis libros e lugares agradables para poder facelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario