O instituto Lluís Companys está situado en Ripollet, a 10 km de Barcelona. Alí asistimos á mañá do luns 23 de abril, ao festival de Sant Jordi no que se entregaban os premios literarios ao alumnado do centro, salpicados por actuacións musicais, números de maxia, lecturas literarias... Unha gala que poidemos compartir e disfrutar co alumnado de Ripollet e cos outros compañeiros do intercambio do proxecto ARCE.
Unha chocolatada con churros agardábanos despois. Unha benvida ben saborosa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario