Núria Pradas leva l8 anos escribindo libros para novos e adultos. O libro de "Heka, unha viaxe máxica a Exipto" xurdiu ao asistir a un curso de maxia en Exipto no museo de Barcelona. A autora díxonos que "Heka" significaba maxia. A Nuria, a pesar de que lle entusiasma a civilización exipcia, non puido visitar Exipto polo de agora, pero continúa escribindo máis libros de aventuras relacionados coa historia antiga. "Heka" é o primeiro da triloxía, cuxo protagonista é Víctor tamén presente en "Raidho", que está ambientado en Noruega e serán viquingos os que estarán con el esta vez. O último libro destas aventuras tratará sobre os maias, que sairá á venda en decembro, xusto cando este imperio predixo que se remataría o mundo.
Os libros desta triloxía conteñen un despregable con información sobre cada civilización. O despregable é imprescindible porque, ao tratarse de historia, sempre hai aclaracións que facer, e iso interrompe a lectura. Con esta solución da editora e a autora, temos menos distraccións e centrámonos máis no tema principal do libro.
Ademais da triloxía, tamén foinos recomendado como lectura o libro "O misterio da rúa das Glicinas" no cal aparece unha casa que está encantada...
Nuria Pradas, na miña opinión, é unha boa escritora, pero tamén unha gran persoa que tivo a amabilidade de vir ao noso instituto, non só para falarnos dos seus libros, senón tamén para dedicarnos un tempo a nós, os seus lectores, e asinarnos un dos seus libros que lemos, para que teñamos sempre un recordo seu. Ana Rodríguez. 1º ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario