17/5/12

Happy Sanxenxo!!


O 4 de maio tivo lugar a entrega de premios do certame de narrativa curta "Happy Curtis” baixo o lema “Cóntanos o día máis feliz da túa vida”, que vai na súa oitava edición e que está organizado pola poeta e cantante Lucía Aldao.  O xurado, que estivo formado por Yolanda Castaño e Manuel Rico Verea, entre outros, outorgou dentro da categoría A (dos 12 ós 18 anos) o 1º premio a  Ana Uhía Pérez de 4º ESO e  un 2º premio a Sara Martínez García de 3º ESO, protagonistas da noite na que fixeron unha lectura dos seus textos.


Parabéns a ámbalas dúas!

No hay comentarios: