27/10/12

Universos persoais




           "Hai quen di que as bibliotecas definen os seus sus donos, e estou seguro de que é certo," afirma Jesús Marchamalo, bo coñecedor dos "universos persoais" de moitos escritores contemporáneos.  
          Por iso, para festexar o 24 de outubro e darnos a coñecer un pouco máis na nosa faceta de lectores e lectoras propuxemos ao noso alumnado que se fotografase entre libros, na súa biblioteca da casa ou ben lendo. Hai quen puxo incluso a súa mascota a ler;  tampouco faltaron as súas reflexións do que significa para eles estar na biblioteca, dispoñer dos seus fondos, do seu espazo... Outros escribiron acrósticos coas letras da palabra BIBLIOTECA e  outros trouxeron da casa libros adicados polos seus autores contribuíndo a completar unha pequena exposición con outros libros dedicados aos lectores da biblioteca do instituto, que representan o "Olimpo" para todos nós. 


No hay comentarios: