6/2/10

Esto y ESO


Con este orixinal xogo de palabras Esto y ESO, Raúl Vacas pon título a súa última obra de poesía dirixida especialmente aos adolescentes. Obra necesaria para levar ás aulas, para abrir a curiosidade, para ler en voz alta, tamén en silencio, aos poucos, para reler ...
Collemos esa man aberta e multicolor da portada para enlazala coas nosas mans e aceptar o convite do autor:

Pasa, lector, y ocupa aquí tu asiento,
abre este libro, hojea sus materias,
siente del corazón las cosas serias,
prueba el remedio del conocimiento.

Será la geografía tu alimento,
sangre la nueva historia en tus arterias,
secundarias las fiestas y las ferias,
la biología tu mejor sustento.


Lee cada poema con paciencia,
estudia los idiomas de los besos,
las matemáticas de tu existencia,


y así, cuando conozcas tus excesos
y aprendas a vivir con otra ciencia,
podrás recomendarlo a estos y esos.


 Porque:

A literatura nos colexios debería ser unha paréntese dentro da actividade diaria, unha hora de sosego na que o alumno escoita, pensa nas súas cousas ou dorme mentres o mestre le en voz alta libros que non teñen por que seguir a disparatada orde do canon escolar.  Daniel Pennac

O luns 8 teremos a Raúl Vacas entre nós. Será unha xornada na que a poesía e a palabra respirarase no ambiente e contaminará seguro,e incluso poderá chegar a calar,  fondo, moi fondo...





2 comentarios:

Ronsel dijo...

Que envexa! Pódesme dicir como fixestes para traelo, por favor??? Levo anos detrás del!!!

Biliomanía dijo...

Contactar con Raúl Vacas é tan sinxelo como facer unha chamada teléfónica ou escribirlle un correo. Non o dubides. Ponte en contacto. Os enderezos están no lateral do seu blog. Unha aperta.