27/11/12

A literatura protagonista na gran pantalla.



Son catro os títulos en cartel: Ruby Sparks, Amor y letras, En la casa e El ladrón de palabras.  Os catro comparten o seu interese pola palabra, os libros e o oficio de escribir convertindo a literatura en protagonista, algo un tanto insólito nestes tempos no que o dixital ten a primacía.  Benvida sexan!







En El ladrón de palabras un escritor descubre o precio que debe pagar por plaxiar a obra doutro que se enfrenta a el afirmando ser o verdadeiro autor da novela coa que se fixo famoso.  En la casa, do director F. Ozon, un profesor de instituto descubre as cualidades narrativas dun alumno que está na última fila. A película está baseada na obra de teatro de Juan Mayorga, El chico de la última fila. 



En Amor y letras, nárrase a relación entre un profesor de literatura e unha alumna apaixoada pola lectura de vampiros.

Mais info: La voz de Galicia. Artigo de Miguel Anxo Fernández



26/11/12

"I'll be watching you": perspectiva de xénero


          I’ll be watching you é un proxecto pedagóxico, teatral, lúdico e musical do grupo Chévere, que analiza os valores que moitas veces se agochan detrás das baladas románticas, cuestionando os estereotipos ríxidos de home e muller que non contemplan outras opcións, a cosificación da muller, os celos como proba de amor, a connivencia coa violencia e o sentimento de propiedade sobre a outra persoa.

        Fala das relacións de igual a igual frente ás que non o son, da autoestima, da necesidade da reacción das propias mulleres para poñer fin á violencia de xénero. 
          
         Yeni, interpretada por Patricia de Lorenzo é a vocalista e Dami, interpretado por Manuel Cebrián, o guitarrista dunha orquestra de pachanga. Veñen ofrecer o típico repertorio versioneando os éxitos do pop actual, esa música coñecida por todo o mundo e supostamente neutral, apolítica. 

      Entre tema e tema, Yeni introduce o relato da súa propia experiencia vital como muller, facendo participar ao público dunha nova e crítica lectura dos valores que transmiten as cancións que canta.


Verémolos o venres 30 de novembro no Auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo.







21/11/12

Achegámonos á Biblioteca!

 
   Conscientes da importancia da formación de usuarios, o novo alumnado de 1º ESO achégase este mes pola biblioteca para recibir información sobre os fondos, a súa colocación e clasificación, así como saber acceder aos documentos, a utilizar as obras de referencia, divulgativas, literarias e a buscar e recuperar a información.  O principal obxectivo é iniciarse no manexo dos recursos da biblioteca de forma autónoma.

   Nestas sesións móstraselle aos rapaces e rapazas o funcionamento da biblioteca e as normas polas que se rixe a través de actividades en soporte impreso e dixital.