Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía. Mostrar todas las entradas
7/3/13
4/3/13
Canta, meniña gaiteira! (II)
Agora si que podemos oir as súas voces!
Etiquetas:
Conmenoracións,
Lemosxuntos,
poesía,
Rosalía
24/2/13
Canta, meniña gaiteira!!
No prólogo de Cantares gallegos, Rosalía recoñece que escribe “guiada sólo por aqueles cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que tan doçemente resoaron nos meus oídos desd’a cuna, e que foran recollidos polo meu corazón como harencia propia.”
A Rosalía de Cantares gallegos podería definirse,en palabras do poeta Carlos Negro, como unha poeta de finísimo oído que reproduce con extrema sensibilidade “tod’aquello en fin que pola súa forma e colorido é dino de ser cantado, todo o que tuvo un eco, unha voz, un runxido por leve que fose, con tal que chegase a conmoverme.”
E así é, porque hoxe, despois de 150 anos de ser escritos, estes versos seguen a conmovernos. Na voz de Estela, Sonia e Juan; Diego e Alba; Andrea, Ana e Celia escoitamos o latexo da palabra rosaliana; tamén na de Renato, que recitou na súa lingua materna, o portugués; igualmente nas voces de Esther, Inés e Moncha, nais que forman parte do club de lectura e que compartiron con nós esta homenaxe. Raúl e Julio presentaron coas propias palabras de Rosalía o acto e Lucía puxo a música da súa flauta travesera como o fío conductor que ía ganduxando os versos.
O noso agradecemento.
Etiquetas:
Conmenoracións,
interculturalidade,
Lemosxuntos,
poesía,
Rosalía
22/2/13
"Cantares gallegos" fronte á adversidade
Un minucioso traballo de selección realizado polas compañeiras das Zocas Faladoras e Biblioribeira cos poemas rosalianos a partir da constelación deseñada por Guadalupe Jover en torno ao eixo temático da adversidade. Un enfoque ben interesante para descubrir unha Rosalía que vai moito máis alá dos tópicos que a envolven.
Etiquetas:
Animación á lectura,
Homenaxe,
Intercentros,
poesía,
Rosalía
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
