Mostrando entradas con la etiqueta Xornadas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xornadas. Mostrar todas las entradas

28/10/12

I Xornadas "Lendo na casa" en Tui

As familias volveron a estar no punto de mira dos bibliotecarios, sabedores da importancia do seu papel como mediadores na adquisición do hábito lector e no gusto pola lectura.  



Un programa de tres días inaugurado polo poeta Antonio García Teijeiro e clausurado por unha mesa redonda integrada pola escritora de Tui, Conchi Regueiro, Concha Costas de  Espazo Lectura  e Pilar Sampedro da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.


Un exemplo de complicidade e colaboración por unha causa común. Recollendo as palabras do profesor Juan Mata, porque   "fomentar a lectura non compete unicamente aos profesionais da educación, tamén nas bibliotecas, nos fogares ou nas rúas xógase a sorte dun lector:"

Parabéns polo tanto, por esta iniciativa e que continúe estendéndose polas distintas vilas e municipios galegos. 

Se vos gusta a fotografía e claro está a lectura, podedes participar no seu concurso " Lendo na casa". O prazo remata o 30 de novembro. Máis información no enderezo eléctrónico: biblioteca@concellotui.org

18/4/12

Colectivo Flu.or

      
      Da man do colectivo Flu.or chéganos este vídeo que recolle o proceso de elaboración do chamado "gorro de gnomo", que alberga como unha gran campá os libros para que repousen alí debaixo ó seu abrigo e para que todo aquel que por alí se achegue,  poida  botarlle unha ollada e lelos. 

    A gran campá, quedarase no Auditorio Emilia Pardo Bazán, ao amparo da Biblioteca municipal para o uso e disfrute de cantos por alí se acheguen. Dona Emilia terá que estar ben contenta!  Aqueles tempos nos que ela veraneaba en Sanxenxo disposta a ler os libros daquela biblioteca que descubrira na casa alquilada polos seus pais reflíctense nos tempos de hoxe. O seu exemplo traspasa a porta do Auditorio, que está agora repleto de máis libros e lugares agradables para poder facelo. 



xx¬ from colectivofluor on Vimeo.


16/4/12

As familias no punto de mira


           
    Ao longo de dúas tardes consecutivas o Auditorio Emilia Pardo Bazán reuniu a un público heteroxéneo que gozou arredor da lectura e dos libros. Nenos e nenas xunto coa mocidade dos distintos centros educativos de Sanxenxo, participaron en obradoiros diversos nos que puideron aproximarse ás historias, ás lendas urbanas, á poesía,  á linguaxe corporal, ó poder evocador da música... en espazos diferentes a súa aula, onde a creatividade e a sensación de liberdade  rompía os límites convencionais.

Queremos destacar a importancia de crear foros como este para poñer en valor o feito de ler. Facer visible a lectura como valor social, que transcende mais alá do acto individual de ler en silencio e para cada un de nós.  A lectura tamén se comparte cos outros; falamos tamén dos libros e a partir dos libros. E aí neste diálogo e conversa atoparemos os temas que son en definitiva a vida mesma.

            A Biblioteca escolar é un recurso con capacidade para apoiar e colaborar coas familias na formación de usuarios e na dinamización lectora, dando un paso mais alá das colaboracións en aspectos funcionais ou organizativos da mesma, necesarios igualmente.

            Como pais e nais é importante tomar conciencia para asumir a nosa responsabilidade como mediadores no proceso do hábito lector. A lectura ademais de ser un eixo do enriquecemento persoal é un instrumento para o fortalecemento dos afectos e das relacións entre as persoas. A lectura, por outra banda convértese na chave para a aprendizaxe e o éxito escolar dos nenos e das nenas.

            Estamos vivindo un momento de tránsito. Hoxe lemos dunha forma diferente a cando aprendemos a ler. As lecturas de hoxe non só se realizan con texto senón tamén con hipertexto. Lemos nas pantallas, nos teléfonos … No ámbito familiar é importante o papel que temos como educadores para non ser enganados pola rede.  De aí que necesitemos estar alfabetizados nas novas tecnoloxías.

A biblioteca escolar, unha vez máis resulta esencial como fonte de recursos na procura da información e como un recurso que posibilita a igualdade de oportunidades. As bibliotecas públicas e municipais tamén proporcionan estes medios ao alcance dos seus usuarios. Por todo isto xurde a necesidade de apoiarnos e coordinar os nosos esforzos nun proxecto común: LEMOSXUNTOS

Os días 12 e 13 de abril vimos estes esforzos materializados: docentes dos distintos centros educativos do concello, de diferentes niveis educativos poñendo o noso punto de mira máis alá das aulas e do alumno ao que se examina, conscientes da importancia do papel das nais e pais na educación, que tamén estiveron presentes neste proxecto común a través dos seus representantes nas ANPAS e nas lecturas compartidas cos seus fillos e fillas homenaxeando a Celso Emilio Ferreiro no centenario do seu nacemento. A materialización deste encontro de lectura e familias é  a suma de distintas entidades vinculados ao mundo do libro e da lectura: bibliotecas escolares e municipais, anpas, librerías, consellería de cultura e educación  a través da asesoría de bibliotecas escolares de Galicia, a concellería de educación e cultura do concello de Sanxenxo, e a colaboración de outras entidades  como Novagaliciabanco, colectivo Flu.or de A Coruña e moblería Nusco de Sanxenxo.

Xornadas que fixeron da lectura unha práctica féliz co esforzo de todas estas entidades, boa práctica e mostra, porque en palabras do profesor Juan Mata, “no compete unicamente aos profesionais da educación, tamén nas bibliotecas, nos fogares ou nas rúas xógase a sorte dun lector.”


GALERÍA DE IMAXES

NOS OBRADOIROS








NO AUDITORIO



NOS CORREDORES
/

+INFO:
http://lemosxuntosanxenxo.blogspot.com.es/ 
              http://aszocasfaladoras.blogspot.com.es/. Inclúe unha recensión da conferencia do profesor  
              Juan Mata e un fermoso vídeo da xornada do venres 13.    




12/3/12

I Encontro Lemos Xuntos en Sanxenxo



Os Equipos das Bibliotecas Escolares de Sanxenxo do CEIP A Florida, Dorrón, Portonovo, IES Vilalonga e do IES de Sanxenxo, en colaboración coa Federación de ANPAS O Con, a Librería  Nós veñen promover un primeiro Encontro de  Lectura e Familias  ao que se suman os outros equipos de bibliotecas escolares e municipais, ANPAS, libreiros  e a Concellería de Educación e Cultura de Sanxenxo. O Encontro terá lugar os días 12 e 13 de abril de 2012 no Auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo. 

Esta proposta está contextualizada dentro do Plan lector dos centros implicados na organización, que veñen traballando nesta liña dende anos atrás con actividades como as “mochilas viaxeiras” para ler e compartir en familia, o autopréstamo ou os clubs de lectura abertos a toda a comunidade escolar. 

Dende as Bibliotecas Escolares pretendemos sensibilizar da importancia da lectura e do papel dos mediadores. Estamos convencidos que se logramos que a lectura forme parte das nosas vidas e da do noso alumnado lograremos o principal obxectivo.

O  I Encontro Lemosxuntos  pretende involucrar a toda a comunidade escolar do municipio de Sanxenxo cos seguintes obxectivos:
a.  Promover o gusto pola lectura desde a educación infantil ata a etapa de Secundaria Obrigatoria.
b. Conseguir un maior nivel de lectura nos nen@s e na mocidade da vila.
c. Implicar no  proxecto a todas as entidades do municipio: colexios,  institutos, rede de Bibliotecas Municipais, ANPA, librerías, concello...
d. Lograr un compromiso firme por parte de toda a sociedade cara á lectura e o desenvolvemento da mesma.
e. Formar cidadáns comprometidos e responsables no seu interese pola contorna e a cultura partindo da actividade lectora como un medio que lles posibilita ampliar a súa visión do mundo.

            A realización do Encontro conta co apoio da Asesoría de Bibliotecas Escolares Galegas e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 




PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Xoves 12
Mañá
Carballo con Botas
Percorrido polas rúas e prazas do concello

17:00 – 19:00 h.
Carballo con Botas
Obradoiros para o alumnado
(1º/2º/ 3º Primaria)

17:00 – 19:00 h.
Charo  Pita
Obradoiros para o alumnado
(Primaria/1º ESO)
17:00 – 19:00 h..
Ana Abelenda
Obradoiro para os pais/nais
Cómo contar contos aos fill@s

19:00 h.
Entrega de documentación aos matriculad@s nos Encontros

20:00 h.
Inauguración dos Encontros
20:10 h.
Lemos xuntos:
Celso Emilio Ferreiro na voz dos pais e nais cos seus fill@s
20:40 h
Mesa redonda: Ler no século XXI
21:40 h.
Contacontos inglés/galego Charo Pita/ Tim Bowley

Venres 13
17:00 – 19:00 h.
A Tropa de Trapo
Obradoiros para o alumnado
A viaxe das palabras. (4º/5º/6º Primaria)

17:00 – 19:00 h.
Clara Gayo
Obradoiros para o alumnado (1º ciclo ESO).
O dicionario do corpo. Linguaxe xestual 
17:00 – 19:00 h.
Proxecto Linguas no ensino. USC
Obradoiros para o alumnado (2º ciclo ESO)
Lonxa poética

20:00 h.
Conferencia: Juan Mata Anaya, profesor Universidade de Granada
“Animádeos a ler! tamén a familia forma lectores. “
21:00 h.
Clausura dos encontros
21:10 h.
Actuación de peche con Cándido Pazó.

APORTA UN LIBRO e LEVA OUTRO!!  
Trae un LIBRO aos ENCONTROS para INTERCAMBIAR por outro LIBRO!!
Escribe  no libro unha dedicatoria para o amigo que o reciba.
Compartimos lecturas: Lemosxuntos!!!!




INSCRICIÓN

1º Para os ENCONTROS da noite

1º.Cubriranse os datos da ficha que vai no medio deste boletín e entregarase na biblioteca escolar do teu centro ou nas bibliotecas municipais,  ANPAS, librerías ou ben pódese remitir ao enderezo lemosxuntosanxenxo@gmail.com. No asunto do correo poñer encontros da noite.  A ficha de inscrición descárgase  en  http://lemosxuntosanxenxo.blogspot.com/
2º.  Envío de solicitudes a partir do 15 de marzo do 2012.  Número de prazas ata completar o aforo.
3º. A inscrición aos encontros das noites permite recibir documentación e material que será entregado o xoves 12 de 19 a 19:30 h. no Auditorio.


2º. Para os OBRADOIROS da tarde

A inscrición aos OBRADOIROS farase a través do enderezo electrónico lemosxuntosanxenxo@gmail.com. Prazas limitadas.


A ficha de inscrición descárgase en http://lemosxuntosanxenxo.blogspot.com/


Síguenos en





4/5/11

Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares

 A Asesoría de Biblioteca escolares acaba de subir  un vídeo resume dos Encontros do Plan de mellora de Bibliotecas Escolares 2010/2011, que tiveron lugar en Santiago os días 7 e 8 de abril, aos que asistimos os responsables das bibliotecas integradas neste proxecto. Para máis información e ter acceso aos materiais entrar como convidado en redeBE




 
 

24/10/10

"Las bibliotecas se sacuden el polvo"

Artigo de José Ángel Montanés publicado no País na edición catalana.(Vía Bibliobaquero)


                     Las bibliotecas han sido siempre lugares tranquilos y ensimismados donde los bibliotecarios intentaban ordenar el mundo con sus libros. Pero todo eso ha cambiado y se ha puesto patas arriba al irrumpir las nuevas tecnologías y convertirlas en lugares donde los usuarios escuchan música, ven películas, se reúnen y comparten experiencias, además de leer libros y otras publicaciones. Cada día se comercializan nuevos soportes electrónicos y la digitalización de todo tipo de contenidos es la norma. ¿Tiene sentido almacenar libros? ¿Tienen futuro las bibliotecas si ahora se puede descargar todo de Internet? Los responsables de las bibliotecas de Barcelona, que pusieron en marcha el Plan de Bibliotecas en 1998 para modernizar estos equipamientos, han hecho balance y han reflexionado sobre su futuro en unas jornadas.
                    Javier Celaya, fundador del portal cultural dosdoce.com, ha coordinado uno de los encuentros celebrados en la Biblioteca Joan Fuster, en los que han participado responsables de algunas de las bibliotecas más importantes de Europa y América, como la Library 10 de Helsinki, la Biblioteca de La Haya y la Biblioteca Pública de Nueva York. Según Celaya, en el mundo analógico había cabeceras, editores y bibliotecarios con crédito que aconsejaban lo que había qué leer, mientras que en el mundo digital se accede a la información sin reflexionar y de forma inmediata.

 

               Celaya advierte que la tecnología tiene sesgo e intereses económicos. Afirma que España "consume de forma voraz las tecnologías; es el segundo país, tras Brasil, en el uso de las redes sociales y dedicamos más de tres horas diarias a navegar". El problema es desconocer cómo usar la información. "Y ahí las bibliotecas tienen un papel fundamental, ya que disponen de profesionales que saben filtrarla y organizarla para su uso, además de ser el único lugar que permite informarnos de forma creíble y con garantías de que lo que se lee no es utilizado con fines comerciales".

                Los expertos reunidos en Barcelona abogaron por que las bibliotecas sean lugares donde no sólo se realicen "transacciones de libros y películas", sino que los usuarios se conviertan en creadores de actividad cultural y que las bibliotecas ayuden a formar a los jóvenes y hagan cambiar las cifras que indican que sólo el 10% de internautas aporta contenidos a la red. Además, defendieron que estos "centros de recursos" han de ser lugares sin barreras, de estructuras flexibles que permitan adaptar el espacio según las necesidades y los grupos de usuarios, incluso pidieron acabar con los mostradores y que el bibliotecario se relacione más y de forma más informal con los usuarios. Rebecca Federman, de la Biblioteca Pública de Nueva York, explicó que este acercamiento y la creación de blogs en los que los bibliotecarios explican sus gustos, habían conseguido aumentar la consulta de los fondos que nunca se solicitan y que giran en las bibliotecas alrededor del 90%. Tender hacia la especialización de los bibliotecarios, utilizar la mercadotecnia para dar a conocer los centros, construir bibliotecas más sostenibles, abrir los domingos y estandarizar horarios fueron otros aspectos debatidos.

                  En cuanto a los libros electrónicos, coincidieron en que su uso es imparable. Luis Collado, director de Google Books España, aseguró que pronto los lectores se convertirán en aparatos fáciles y baratos y que su empresa pondrá a la venta el acceso de dos millones de libros en catalán y castellano y 1.000 licencias para que las bibliotecas las gestionen y los libros puedan ser descargados.

                    Este año finaliza el Plan de Bibliotecas. Barcelona cuenta con 38 bibliotecas municipales y está construyendo seis más; el 46% de los barceloneses tiene carné -frente al 13% de 1998- y seis millones de usuarios utilizaron uno de estos centros en 2009. Además, las bibliotecas municipales han conseguido ser el servicio más valorado, por encima del metro y la recogida de basura.

 En Galicia, teremos con nós a Javier Celaya
este fin de semana nos

Será toda unha oportunidade para continuar a reflexión e darlle todo o protagonismo 
ás Bibliotecas  e o seu papel na sociedade como colofón deste mes de outubro adicado a elas. 











18/11/08

A lectura na sociedade da información


Esta semana están tendo lugar en Madrid unhas xornadas monográficas baixo o título A lectura na Sociedade da Información organizadas pola fundación Santillana. Recollemos algunhas das intervencións do día da inauguración publicadas no diario El País.


Fernando Reimers: catedrático de Educación Internacional na Universidade de Harvard.

  • A lectura non é un área máis, é a peza fundamental para aprender o resto de materias. Por iso, tanto a directora da escola como o profesor de matemáticas ou ciencias e a supervisora curricular deberían ter polo menos un nivel básico de coñecemento acerca de como promover a aprendizaxe da lectura e a escritura no seu ámbito específico.
  • A función que ten a lectura e escritura no ámbito familiar tamén inflúe nos hábitos que desenvolve un neno.
  • Un problema común do profesorado na súa formación inicial é a falta de preparación especializada na didáctica da lecto-escritura.
Ignacio Polanco:presidente do Grupo PRISA.

  • As novas tecnoloxías revitalizaron a lectura
    A lectura é o resorte máis importante na aprendizaxe e o que dá sentido a todos os recursos que as tecnoloxías da información e a comunicación achegan. (...) Estas revitalizaron a lectura, facéndoa máis necesaria e salientando os seus aspectos máis necesarios, a comprensión e a valoración.

Mercedes Cabrera: ministra de Educación.
  • As familias teñen un papel fundamental no hábito de lectura dos fillos.
  • A misión do profesorado non termina en transmitir coñecementos, senón en espertar o afán por coñecer, por ler.
  • Os profesores deben ler cos alumnos para transmitir o pracer da lectura e o ansia de aprender.
  • Os alumnos non deben conformarse cos libros obrigatorios na escola, senón que hai que acompañalos para que saiban elixir os que lles axuden a entender o mundo e a participar nel.
  • Tamén destacou a importancia de mellorar as bibliotecas escolares como lugar non só de estudo, senón tamén de refuxio '' e de goce.

    Na fotografía recollida de EL País, Ignacio Polanco e Mercedes Cabrera seguen a conferencia de Fernando Reimers.

7/7/08

III ENCONTRO EDUBLOGS


Estes días tivo lugar en Santiago o III Encontro de Edublogs. Participei no Taller de Multimedia impartido por Ángel Puente e na creación de wikis con wikispaces impartido por Lourdes Barroso. Experencias prácticas e claras que sen dúbida farán mellorar este blog, alomenos iso nos propoñemos.

As bibliotecas escolares estivemos unha vez máis formando parte do programa representadas magníficamente por O Segrel do Penedo. Podemos ver a presentación da súa ponencia no seu blog.
Un encontro pois, para encontrarnos. As pegadas desta vez, espállanse por toda a xeografía peninsular.Noraboa a Loly e a todos os que o facedes realidade.

29/6/08

Xornada de Clubs de lectura en Santiago







O intercambio de experiencias, as reflexións conxuntas e a boa disposición dos docentes implicados nesta actividade de fomento da lectura fixeron da xornada un encontro entrañable que deixa o seu pouso fermentar ata setembro. Boas prácticas que están conseguindo que ser lector e falar de libros entre a xuventude non só é posible senón ademais gratificante.


14/6/08

Espazos lectores


Este fin de semana tiveron lugar en Santiago os primeiros Encontros sobre espazos lectores organizados pola Consellería de Cultuta e Deporte.

Geneviève Patte, asesora de entidades dedicadas á promoción da lectura por todo o mundo inaugurou estas xornadas. Sen medios, só cun cesto de libros escollidos, con afecto e regularidade é posible facer lectores. Insistiu na necesidade dun tempo para compartir as lecturas, da importancia da presenza dos pais, da aprendizaxe da mirada, ¿ que é o que lle fai a un neno amar tanto ese libro? O esencial está en sentir a calidez do libro para podela transmitir.

As bibliotecas escolares estivemos representadas por por Antonio Alonso e Loly Lago que falaron da animación á lectura na web social salientado o dinamismo e traballo colaborativo nas nosas bibliotecas e por X. C. Rábade que amosou a súa satisfacción pola boa acollida do Club lector Entre liñas entre o alumnado do seu centro.

Destacar o traballo de animación á lectura cos máis cativos de Espazo lectura en Gondomar dirixido por Concha Costas, así como as experencias de Carballo, Moaña , Oleiros e os Clubs de lectura de Pontevedra.
Interesante a experencia levada a cabo na Biblioteca de Almeida Garret en Porto arredor dos clubs de lectura coordinados por un comunicador que elixe un tema sobre o que xiran as lecturas.
Carmen Loriga pechou as xornadas dirixíndose ás familias como modelos referentes á hora de facer lectores. O afecto e un tempo adicado a ler cos fillos/as resulta esencial para poder transmitir esa paixón.
Só resta probar e poñer en marcha estas boas prácticas.