Mostrando entradas con la etiqueta Guías de lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Guías de lectura. Mostrar todas las entradas

10/6/13

Versos cálidos para días de lecer


AQUEL VERÁN DIXECHES QUE ME AMABAS

Non era amor, mais ti falabas delo.
Falábasme do amor do noso selo
e que era a min soamente a quen buscabas.

Aquel verán dixeches que me amabas.
Que ansiabas de entre o amor o máis sinxelo:
percorrer cos teus beizos o meu pelo
e tocarme coma só ti me tocabas.

Aquel verán dixeches que me amabas.
Que non tiveras antes quen te amara,
nin quen te amara tanto ti tiveras.

Aquel verán dixeches que me amabas.
Dixeches que deixándome perderas
o día en que pra sempre te marchabas. Modesto Fraga





Para ver a guía completa cliquea aquí


4/7/12

Ler o mundo!


Vive experencias de mundos diferentes                                                         
                                                                    Le o mundo!!
Todo listo almirante, para a grande viaxe!
                                                                          MANUEL RIVAS


 Bo verán de mar, sol e lecturas!!!

4/5/12

Nais


No es que no vuelva, porque me he olvidado
de tu olor a tomillo y a cocina.
De lejos, dicen que se ve más claro,
que no es igual quién anda y quién camina.

Y supe que el amor tiene ojos verdes,
que cuatro palos tiene la baraja,
que nunca vuelve aquello que se pierde
y la marea sube y luego baja.

Supe que lo sencillo no es lo necio,
que no hay que confundir valor y precio,
y un manjar puede ser cualquier bocado

si el horizonte es luz y el rumbo un beso,
No es que no vuelva porque me he olvidado:
es que perdí el camino de regreso,

Mamá...

Soneto a mamá. Joan Manuel Serrat 
                                                                  


                                           

12/10/11

Que libros ler?



Sen dúbida, aqueles que nos apetezan pola razón que sexa. Un bo motivo para ler un libro concreto  pode ser que lle gustase a alguén a quen apreciamos e nolo recomendase. Este é o caso das lecturas que se propoñen a continuación. Os distintos departamentos didácticos fan as súas apostas para este curso escolar. 
Achegamos tamén as lecturas recomendadas polo profesorado dos distintos centros que participamos no Proxecto ARCE. Atoparedes títulos de autores representativos de cada comunidad autónoma. Por Galicia figuran Fina Casalderrey, Agustín Fernández Paz e Manuel Rivas. 

Con todo isto traza o teu plan de lecturas, elixe os que máis che gusten porque hai que ler por pracer e con pracer. Ao final, as nosas lecturas deixan un pouso, aínda que ás veces pareza que un non se acorde de case nada.







                                                                                                 Imaxes: Iolanda Zúñiga e Inversa Teatro





20/6/11

Moda verán 2011

O verán é tempo de deixarse levar pola lectura sen pensar en nada máis. Non importa onde esteas ou onde pases o verán, déixate acompañar por un bo libro!
Estas son as nosas propostas:














14/1/11

Enredados nun mar de libros


Cliquea aquí para descargar o catálogo


O Salón do libro infantil e xuvenil que se está a celebrar en Madrid está adicado ao mar. As augas salgadas tamén son as protagonistas este ano das lecturas  que compartimos no Club Engánchate e de moitas outras que foron recomendadas polos diferentes Departamentos.

O Salón publica un magnífico catálogo que recolle unha ampla bibliografía dividida temáticamente  en distintas seccións e que ven a aportar novas propostas de lecturas para engadir ao noso listado.

- Aventura: Lecturas de piratas
  •  Sebastian Darke. Príncipe de los Piratas. Philip Caveney. Alfaguara, 2008
  • Julia y la voz de la ballena. Alvaro Ortiz.  Edicions de Ponent, 2009

- Supervivencia: viaxes, islas, naufraxios
  • El ayudante de Darwin. Vicente Muñoz Puelles. Algar, 2009
  • El fugitivo de Borneo. Juan Madrid. Edebé, 2010
  • Travesía del horizonte. Javier Marias. Alfaguara, 2010

- Imaxes do mundo: contos, cantos, nostalxias
  • De profundis. Miguelanxo Prado. Norma, 2008
  • Gallego. Juan Farias; Xosé Cobas (il.). Fondo de Cultura Económica, 2006
  • El reductor de velocidad. Christophe Blain. Norma, 2008

-De coñecemento: "La mar de interesante"
  • Piratas. Geoffrey Malone. Anaya, 2010
  • El primer viaje alrededor del mundo. Antonio Pigafetta; Eduardo Alonso (adap.);Carlos Escudero (il.). Juventud, 2010
  • La vida en los océanos. Emma Helbrough.  Libsa, 2009

O catálogo complétase cunha galería de imaxes marinas de 29 ilustradores e cunha sección adicada aos premios nacionais de literatura infantil e xuvenil e ilustración do 2010.Todo un luxo.





21/12/10

Nadal, bo tempo para a lectura!

Como vén sendo costume achegamos as lecturas para este tempo de desexos, promesas e boas intencións. Con esta escolleita de historias, de sons, de voces... e de palabras, queremos felicitarvos as festas e desexarvos un feliz ano novo.




18/10/10

Navegamos por mares de tinta salgada





Con bo vento comezamos a nosa travesía.
Un mar de palabras salpica á biblioteca e ás aulas que veñen de cargarse de lecturas para este outono.





12/7/10

Pasión polo fútbol.

A Biblioteca tamén se contaxia da euforia colectiva que desperta o mundo do fútbol.  Aquí queda unha escolma de lecturas para revivir historias onde o balón  cobra un significado máxico.






Engadir  a esta lista o conto  O Partido de Reis de Manuel Rivas, unha  historia na que asistimos ao cambio na forma de tratar  a un rapaz con síndrome de Down por parte dos seus  compañeiros,  precisamente a causa d fútbol. 

E tamén, non podemos deixar de citar unha entrañable película do director arxentino Carlos Sorín, El camino de San Diego que reconforta ao espectador coa condición humana. 

 Bo verán de fútbol literario! Que o disfrutedes!!!!


16/12/09

Suxestións para o Nadal


Xa poucos días faltan para as vacacións do Nadal, un tempo de descanso merecido e magnífico para o disfrute de todo aquilo que nos gusta: as lecturas, o cine, o teatro, escoitar música...

Achegádevos pola Biblioteca e escollede as vosas preferencias para estas datas.


FELICES LECTURAS!!!






24/6/09

Un verán de poesía

Xa están aquí as vacacións tan desexadas e os días de descanso que nos permitirán disfrutar de todo aquelo que fomos aparcando durante o curso escolar. O contacto coa natureza, os largos paseos, a praia, estar máis tempo cos amigos, escoitar música, ver películas, ler...
Dende a biblioteca vos recomendamos a POESÍA como un excelente refresco para calquera momento do día e para levar na mochila a calquera lugar.
Estas son as nosas suxestións.
Bo verán!



4/6/09

Xabier P. Docampo en Sanxenxo

Encontro co autor Xabier P. Docampo no Auditorio Emilia Pardo Bazán, mañá venres ás oito da tarde.
No boletín atoparedes máis información do autor e a súa obra. Non perdades a ocasión de escoitar a un extraordinario narrador de historias, que foi mestre, actor de teatro, autor de guións para cine e televisión, premio Nacional de literatura infantil e xuvenil...




28/5/09

Xabier P. Docampo




Con motivo da entrega dos premios do V Certame Literario, Xabier P. Docampo estará en Sanxenxo. Estes días temos a oportunidade de poder ler ou reler as súas obras. Aproveita o tempo da HORA DE LER, unha mochila con 14 títulos diferentes chegará á aula. Non deixes de pasar polas Bibliotecas ou polas librerías. Comprobarás que Xabier P. Docampo conta cunha ampla selección de títulos para todas as idades. Elixe a que máis che interese e cóntanolo.

7/4/09

Menú para o mes de abril


Como vén sendo habitual dende a BIBLIOTECA recomendamos cada mes libros relacionados coas conmemoracións e que podemos disfrutar na Hora de ler.

Neste mes de abril, expoñeranse todos os proxectos cos que estades a traballar que xiran arredor da alimentación e a gastronomía. Aquí van tres referencias a ter en conta para darnos unha boa panzada!!! Que a saboreedes!!!

15/12/08

Aliméntate no Nadal

Achéganse as vacacións de Nadal. Por fin, teremos o tempo que nos falta durante o curso escolar para poder cociñar tranquilamente eses títulos que nos apetecen.



Aquí queda a guía deste ano.
... para dobrar en forma de pano ou degustar a modo de sándwich, como prefirades, porque a volta do ano entraremos de cheo no proxecto interdisciplinar e fartarémonos de falar de todo o que estea relacionado coa comida.




Bo proveito!!