Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto lector. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto lector. Mostrar todas las entradas

10/6/13

Versos cálidos para días de lecer


AQUEL VERÁN DIXECHES QUE ME AMABAS

Non era amor, mais ti falabas delo.
Falábasme do amor do noso selo
e que era a min soamente a quen buscabas.

Aquel verán dixeches que me amabas.
Que ansiabas de entre o amor o máis sinxelo:
percorrer cos teus beizos o meu pelo
e tocarme coma só ti me tocabas.

Aquel verán dixeches que me amabas.
Que non tiveras antes quen te amara,
nin quen te amara tanto ti tiveras.

Aquel verán dixeches que me amabas.
Dixeches que deixándome perderas
o día en que pra sempre te marchabas. Modesto Fraga





Para ver a guía completa cliquea aquí


23/4/13

Sol, mar e lecturas en Baltar!


Así celebramos o 23 de abril. Un día espléndido de luz e historias.

4/4/13

Tempo de lectura compartida no Ceip Portonovo

O alumnado de 1ºESO achegouse un ano máis ao CEIP de Portonovo para contarlle contos aos nenos e nenas de 5 anos. Deste xeito celebramos, aínda que con algo de adianto, o día internacional da literatura infantil e xuvenil. Unha xornada inesquecible para tod@s como mostran as imaxes.
Cool Slideshows

4/7/12

Ler o mundo!


Vive experencias de mundos diferentes                                                         
                                                                    Le o mundo!!
Todo listo almirante, para a grande viaxe!
                                                                          MANUEL RIVAS


 Bo verán de mar, sol e lecturas!!!

24/5/12

Premios ARCE




Na procura dun sorriso foi o que levou ao alumnado dos distintos centros que participan no proxecto ARCE (IES Mediterráneo de Cartagena, IES Miguel Durán de Badajoz, IES Torre Atalaya de Málaga, IES Josep Sureda i Blanes de Palma de Mallorca, IES Lluis Companys de Barcelona e o IES Sanxenxo) a escribir un relato curto baseado no humor. A tarefa non resultou nada doada. Saber cómo facerlle cóxegas ás palabras require o seu adestramento. Para iso estiveron no instituto Manuel Jabois, Oriana Méndez e Andrea Maceiras que impartiron cadanseu obradoiro. E aquí están os resultados e os afortunados que obtiveron as mellores puntuacións a criterio do xurado cualificador. Un ano máis o noso centro consegue premios nas dúas    categorías.  Parabéns !!
    
Categoría A (1º ciclo ESO)                                                                     
2
Ana Rodríguez Domínguez
1º C
1º PREMIO
Isabel Lima Martínez
2º A
FINALISTA
Ángel Vázquez Peón
2º C
FINALISTA




 Categoría B (2º ciclo ESO) 


Adrián Melón Gómez
4º A
2º PREMIO
Ricardo Rodiño Balboa
4º A
FINALISTA
Darío Ferreira Martínez
3º A
FINALISTA
                                                                                                                                                                                                    









6/5/12

Encontro con Nuria Pradas


       Núria Pradas leva l8 anos escribindo libros para novos e adultos. O libro de "Heka, unha viaxe máxica a Exipto" xurdiu ao asistir a un curso de maxia en Exipto no museo de Barcelona. A autora díxonos que "Heka" significaba maxia. A Nuria, a pesar de que lle entusiasma a civilización exipcia, non puido visitar Exipto polo de agora, pero continúa escribindo máis libros de aventuras relacionados coa historia antiga. "Heka" é o primeiro da triloxía, cuxo protagonista é Víctor tamén presente en "Raidho", que está ambientado en Noruega e serán viquingos os que estarán con el esta vez. O último libro destas aventuras tratará sobre os maias, que sairá á venda en decembro, xusto cando este imperio predixo que se remataría o mundo.

    
     Os libros desta triloxía conteñen un despregable con información sobre cada civilización. O despregable é imprescindible porque, ao tratarse de historia, sempre hai aclaracións que facer, e iso interrompe a lectura. Con esta solución da editora e a autora, temos menos distraccións e centrámonos máis no tema principal do libro.

      Ademais da triloxía, tamén foinos recomendado como lectura  o libro "O misterio da rúa das Glicinas" no cal aparece unha casa que está encantada...

      Nuria Pradas, na miña opinión, é unha boa escritora, pero tamén unha gran persoa que tivo a amabilidade de vir ao noso instituto, non só para falarnos dos seus libros, senón tamén para dedicarnos un tempo a nós, os seus lectores, e asinarnos un dos seus libros que lemos, para que teñamos sempre un recordo seu. Ana Rodríguez. 1º ESO



4/5/12

Adpotar un lector/a: lecturas compartidas


"O  2 de abril celebrouse en todo o mundo o Día Internacional do Libro Infantil. Coma en anos anteriores os rapaces e rapazas do IES de Sanxenxo, queremos  celebrar este día con todos vós léndovos contos e historias ben fermosas como esta  que contaba o mundo enteiro.
Ese conto en realidade non era un só, senón moitos máis que comezaron a poboar o mundo coas súas historias de nenas desobedientes e lobos sedutores, de zapatiños de cristal e príncipes namorados, de gatos inxeniosos e soldadiños de chumbo, de xigantes bonachóns e fábricas de chocolate. Poboárono de palabras, de intelixencia, de imaxes, de personaxes extraordinarios. Permitíronlle rir, asombrarse, convivir. Cargárono de significados. E dende aquela eses contos continuaron multiplicándose para dicirnos mil e unha veces
“Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro…”
Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos estamos exercitando a imaxinación, coma se fose necesario adestrala para mantela en forma. Algún día, seguramente sen que o saibamos, unha desas historias acudirá ás nosas vidas para ofrecernos solucións creativas aos obstáculos que se nos presenten no camiño.
            Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos en voz alta tamén estamos repetindo un ritual moi antigo que cumpriu un papel fundamental na historia da civilización: facer comunidade. Ao redor deses contos reuníronse as culturas, as épocas e as xeracións para dicirnos que somos un só os xaponeses, os alemáns e os mexicanos; aqueles que viviron no século XVII e nós que lemos un conto en Internet; os avós, os pais e os fillos. Os contos énchennos por igual aos seres humanos, a pesar das nosas enormes diferencias, porque todos somos, no fondo, os seus protagonistas."
       
 (Adaptación do Manifesto do día 2 de abril. Día Internacional da Literatura infantil 2012 escrito por Francisco Hinojosa)

      No CEIP de PORTONOVO:


       No CEIP de A FLORIDA:

      No CEIP de DORRÓN:

3/5/12

8ª edición do Certame Literario IES Sanxenxo


            Un ano máis o Certame literario congrega a rapaces e rapazas de todo o concello de Sanxenxo. Este ano a convocatoria fíxose en dous turnos: comezaron os maiores, os da categoría C (2º ciclo da ESO) e D (Bacharelato) para continuar despois do mediodía coas outras outras categorías: A (3º ciclo de Primaria) e B (1º ciclo da ESO). 

           Este ano ademais dos centros habituales, cabe resaltar a participación dos centros de Primaria de Nantes, Vilalonga e o colexio Abrente. En espera dos resultados finais e do fallo dos premios deixamos aquí unha mostra en imaxes do que foi unha mañá intensa, na que unha vez máis a mocidade da exemplo do seu compromiso coa palabra como instrumento para comunicarse cos outros. Exemplo tamén de saber estar. Toda unha lección para incrédul@s!
Os nosos parabéns porque tod@s sodes merecedores de premio.






2/5/12

Ruta modernista por Barcelona


     Distribuidos en grupos mixtos con integrantes dos distintos centros participantes no proxecto ARCE e coordinados polas compañeiras de Ripollet comezamos a busca das respostas ás cuestións formuladas para completar a lectura de GAUDITRONIX, de Jordi Sierra i Fabra. Fabra: parc Güell, a Sagrada Familia, a Pedrera, a casa dos mil ollos, o palacio da música...






Biblioteca CAN BUTJOSA


     A biblioteca Infantil e Xuvenil Casa Butjosa inaugúrase o 10 de abril de 1983 froito dun convenio entre a Generalitat e o Concello de Paredes e é unha das poucas bibliotecas especializadas para nenos que existen en Cataluña. A característica física máis diferenciada é que ocupa unha casa de campo reutilizada, redistribuída co fin de acoller a actual biblioteca de Can Butjosa.

Neste momento, conta cun fondo de 21.000 libros de 60 países diferentes e un longo camiño feito da man de Mercè Escardó.  

     O mércores 25 de abril, co motivo do intercambio cos outros institutos que participamos no proxecto ARCE, tivemos a ocasión de poder visitala. Rodeada de glicinas aromáticas fomos transportados ao interior convertidos en seres diminutos a causa da maxia do "follet". As imaxes falan por si mesmas.





Barcelona Sant Jordi 2012


      Di a  lenda de Sant Jordi que segundo a tradición, a vila de Montblanc estaba a ser aterrorizada por un dragón. A besta instalárase aos arredores do pobo, infectando o aire e a auga co seu alento fedorento e causando estragos entre o gando. Na súa busca de alimento, cada vez aproximábase máis ás murallas, polo que os veciños tiveron que buscar unha forma de mantelo apartado.

     Empezaron dándolle de comer ovellas; cando estas se remataron, seguiron cos bois, e logo cos cabalos. E por fin non tiveron máis remedio que sacrificar aos propios habitantes. Metéronse os nomes de todos nun pucheiro, tamén o do rei, e o da súa filla a princesa, e cada día unha man inocente decidía quen morrería a mañá seguinte.

    E unha tarde a escollida foi a princesa. Din uns que o rei chorou e suplicou aos seus súbditos pola vida da súa filla, pero que de nada lle serviu, xa que non era o único pai desconsolado. Contan outros que o rei entregou á súa filla con valentía e enteireza. Sexa como for, a moza saíu das murallas e dirixiuse cara ao seu triste destino.
     Cando o terrible dragón avanzaba cara a ela, xurdiu entre a bruma un cabaleiro sobre un cabalo branco que arremeteu contra a besta. O animal, ferido, someteuse ao cabaleiro, que lle atou ao colo un extremo do cinto da princesa. A dama tomou o outro extremo do cinto e, para pasmo dos poboadores de Montblanc, conduciu o dragón como a un cadelo ata a porta da cidade. Alí, á vista de todos, o cabaleiro rematou a besta dun golpe de lanza.
      Din uns que o dragón se fundiu e foi absorbido pola terra. Contan outros que un gran charco de sangue se formou aos pés do cabaleiro. Sexa como for, naquel mesmo instante creceu unha roseira e das súas ramas xermolaron vermellos rosas. Jordi, que é como se chamaba o cabaleiro, obsequiou a princesa cunha desas rosas. Semellante xesta fixo que o santo cabaleiro alcanzase fama e popularidade durante a Idade media, e que fose escollido patrón da cabalaría e a nobreza.







1/5/12

En Ripollet


     O instituto Lluís Companys está situado en Ripollet, a 10 km de Barcelona.  Alí asistimos á mañá do luns 23 de abril, ao festival de Sant Jordi no que se entregaban os premios literarios ao alumnado do centro, salpicados por actuacións musicais, números de maxia, lecturas literarias... Unha gala que poidemos compartir e disfrutar co alumnado de Ripollet e cos outros compañeiros do intercambio do proxecto ARCE.
Unha chocolatada con churros agardábanos despois. Unha benvida ben saborosa!



30/4/12

Intercambio en Barcelona co proxecto ARCE


         Os seis institutos que levamos traballando no proxecto ARCE "En la órbita de los libros" durante estes dous anos (IES Joseph Sureda i Blanes (Palma de Mallorca), IES Lluís Companys (Barcelona), IES Mediterráneo (Murcia), IES Miguel Durán (Badajoz), IES Sanxenxo (Pontevedra), IES Torre Atalaya (Málaga)) vimos de xuntarnos en Barcelona co motivo do Sant Jordi. As nosas compañeiras de Ripollet foron as nosas anfitrionas por unha cidade repleta de libros e de rosas. Alí tamén nos atopamos con outros institutos do proxecto ARCE " Alicia en el país de las maravillas"como o IES de Poio, o IES Juán Carlos I de Murcia con quen compartimos algunhas actividades comúns como a asistencia ao teatro da obra dirixida por Tricicle: Forever Young.



19/4/12

Ruta modernista con Gauditronix


A vindeira semana viaxamos a Barcelona co grupo ARCE. Entre as actividades do programa está a ruta modernista a través da lectura do libro de JORDI SIERRA I FABRA. Os compañeiros de Ripollet pásannos esta guía, para que todos aqueles que non poidades ir teñades a oportunidade de coñecelos tamén. 


 

18/4/12

Colectivo Flu.or

      
      Da man do colectivo Flu.or chéganos este vídeo que recolle o proceso de elaboración do chamado "gorro de gnomo", que alberga como unha gran campá os libros para que repousen alí debaixo ó seu abrigo e para que todo aquel que por alí se achegue,  poida  botarlle unha ollada e lelos. 

    A gran campá, quedarase no Auditorio Emilia Pardo Bazán, ao amparo da Biblioteca municipal para o uso e disfrute de cantos por alí se acheguen. Dona Emilia terá que estar ben contenta!  Aqueles tempos nos que ela veraneaba en Sanxenxo disposta a ler os libros daquela biblioteca que descubrira na casa alquilada polos seus pais reflíctense nos tempos de hoxe. O seu exemplo traspasa a porta do Auditorio, que está agora repleto de máis libros e lugares agradables para poder facelo. 



xx¬ from colectivofluor on Vimeo.


16/4/12

As familias no punto de mira


           
    Ao longo de dúas tardes consecutivas o Auditorio Emilia Pardo Bazán reuniu a un público heteroxéneo que gozou arredor da lectura e dos libros. Nenos e nenas xunto coa mocidade dos distintos centros educativos de Sanxenxo, participaron en obradoiros diversos nos que puideron aproximarse ás historias, ás lendas urbanas, á poesía,  á linguaxe corporal, ó poder evocador da música... en espazos diferentes a súa aula, onde a creatividade e a sensación de liberdade  rompía os límites convencionais.

Queremos destacar a importancia de crear foros como este para poñer en valor o feito de ler. Facer visible a lectura como valor social, que transcende mais alá do acto individual de ler en silencio e para cada un de nós.  A lectura tamén se comparte cos outros; falamos tamén dos libros e a partir dos libros. E aí neste diálogo e conversa atoparemos os temas que son en definitiva a vida mesma.

            A Biblioteca escolar é un recurso con capacidade para apoiar e colaborar coas familias na formación de usuarios e na dinamización lectora, dando un paso mais alá das colaboracións en aspectos funcionais ou organizativos da mesma, necesarios igualmente.

            Como pais e nais é importante tomar conciencia para asumir a nosa responsabilidade como mediadores no proceso do hábito lector. A lectura ademais de ser un eixo do enriquecemento persoal é un instrumento para o fortalecemento dos afectos e das relacións entre as persoas. A lectura, por outra banda convértese na chave para a aprendizaxe e o éxito escolar dos nenos e das nenas.

            Estamos vivindo un momento de tránsito. Hoxe lemos dunha forma diferente a cando aprendemos a ler. As lecturas de hoxe non só se realizan con texto senón tamén con hipertexto. Lemos nas pantallas, nos teléfonos … No ámbito familiar é importante o papel que temos como educadores para non ser enganados pola rede.  De aí que necesitemos estar alfabetizados nas novas tecnoloxías.

A biblioteca escolar, unha vez máis resulta esencial como fonte de recursos na procura da información e como un recurso que posibilita a igualdade de oportunidades. As bibliotecas públicas e municipais tamén proporcionan estes medios ao alcance dos seus usuarios. Por todo isto xurde a necesidade de apoiarnos e coordinar os nosos esforzos nun proxecto común: LEMOSXUNTOS

Os días 12 e 13 de abril vimos estes esforzos materializados: docentes dos distintos centros educativos do concello, de diferentes niveis educativos poñendo o noso punto de mira máis alá das aulas e do alumno ao que se examina, conscientes da importancia do papel das nais e pais na educación, que tamén estiveron presentes neste proxecto común a través dos seus representantes nas ANPAS e nas lecturas compartidas cos seus fillos e fillas homenaxeando a Celso Emilio Ferreiro no centenario do seu nacemento. A materialización deste encontro de lectura e familias é  a suma de distintas entidades vinculados ao mundo do libro e da lectura: bibliotecas escolares e municipais, anpas, librerías, consellería de cultura e educación  a través da asesoría de bibliotecas escolares de Galicia, a concellería de educación e cultura do concello de Sanxenxo, e a colaboración de outras entidades  como Novagaliciabanco, colectivo Flu.or de A Coruña e moblería Nusco de Sanxenxo.

Xornadas que fixeron da lectura unha práctica féliz co esforzo de todas estas entidades, boa práctica e mostra, porque en palabras do profesor Juan Mata, “no compete unicamente aos profesionais da educación, tamén nas bibliotecas, nos fogares ou nas rúas xógase a sorte dun lector.”


GALERÍA DE IMAXES

NOS OBRADOIROS








NO AUDITORIO



NOS CORREDORES
/

+INFO:
http://lemosxuntosanxenxo.blogspot.com.es/ 
              http://aszocasfaladoras.blogspot.com.es/. Inclúe unha recensión da conferencia do profesor  
              Juan Mata e un fermoso vídeo da xornada do venres 13.    




29/3/12

As familias lectoras promoven o éxito escolar






View more PowerPoint from DP Málaga


Comunicación presentada no Congreso nacional Familias lectoras en Red celebrado en Granada en xaneiro de 2012.

27/3/12

Non nos mires, participa!


Participa da man de Kalandraka que achega ata Sanxenxo un obradoiro dirixido por Ana  Abelenda para as nais e pais que teñen fillas e fillos aos que lles gusta que se lle conten contos.

Animar a ler en familia ofrece consellos e estratexias para cantar e contar, para crear o hábito lector nos nenos e nas nenas dende os primeiros anos de vida, antes de que aprendan a ler, partindo dende a tradición oral e musical galega, ata chegar ó álbum ilustrado. 


 "Afondando primeiro nos recursos da oralidade -rimas, retrousos, cantigas, cantos de berce, xogos co corpo- iremos descubrindo tamén a importancia das imaxes e das texturas como base para acceder logo aos contos populares, os contos de creación dos novos autores, e os clásicos contemporáneos. Faremos un repaso teórico-práctico dos contos máis idóneos para cada idade, comezando polos libros duros, os libros de tea ou os despregables."
   
A sesión completarase cunha mostra de materiais e cun coloquio. info:www.kalandraka.com/

 

Ana Abelenda é técnico superior en Educación e forma parte do equipo de animación á lectura de Kalandraka.  

  Auditorio Emilia Pardo Bazán. 12 abril ás 17:00 h. 

Anótate nas bibliotecas ou librerías de Sanxenxo ou envía os teus datos a lemosxuntosanxenxo@gmail.com

 Para botar unha ollada aos outros obradoiros, conferencias, contacontos cliquea aquí: 




26/3/12

Non nos mires, únete!!




  Traio libros que son o alimento da imaxinación e unha biblioteca que é o restaurante onde se alimentan as emocións. Tezo árbores atrapadoras de contos, e atrapo contos e cocíñoos para as nenas e nenos.  Anxo Moure 

   O carballo con botas existe, no outono recollemos botas vellas, facémoslles buraquiños, enchémolas de terra e pousamos dentro delas belotas, castañas.... para empregalas como viveiros forestais. 

    Na primavera xorden os carballos (e castiñeiros, e nogueiras) con botas,que viaxan o longo do ano polas escolas como parte do proxecto de contos medioambientais, deixando a mensaxe de que dentro do vello, da destrución, do lixo... pode xurdir a esperanza, a vida, o futuro.
   



   Anxo Moure, o Carballo con botas estará en Sanxenxo o 12 de abril percorrendo rúas e prazas co seu ciclomotor pola mañá e pola tarde no Auditorio Emilia  Pardo Bazán impartindo un obradoiro para tod@s os rapaces e rapazas de Sanxenxo dentro do I Encontro Lemos xuntos 2012

Anótate na túa biblioteca ou envía os teus datos a lemosxuntosanxenxo@gmail.com


 Para botar unha ollada aos outros obradoiros, conferencias, contacontos cliquea aquí: 







19/3/12

Emilia Pardo Bazán: Sanxenxo e a lectura


Solíamos veranear en la provincia de Pontevedra, en las Rías Bajas, comarca encantadora si las hay en el país gallego,(…) En tan privilegiado suelo tenemos una posesión vasta y pintoresca, y una casa solariega muy antigua, la Torre de Miraflores (…); y mientras se le echaban no sé qué remiendos al desmantelado torreón, alquilamos una vivienda en Sangenjo, (…), situado al pie de la misma finca. El dueño nos dejó los muebles, y entre éstos se contaba una BIBLIOTECA que me parece estar viendo, repartida en desorden por viejos estantes pintados de azul y picados de polilla. ¡QUÉ HALLAZGO!

Era yo de esos niños que leen cuanto cae por banda, hasta los cucuruchos de especias y los papeles de rosquillas; de esos niños que se pasan el día quietecitos en un rincón cuando se les da un libro, y a veces tienen ojeras y bizcan levemente a causa del esfuerzo impuesto a un nervio óptico endeble todavía. Obra que cayese en mis manos y me agradase, la leía cuatro o seis veces y de alguno, señaladamente del Quijote, se me quedaban en la fresca memoria capítulos enteros, que recitaba sin omitir punto ni tilde. (…). Cualquiera me arrancaba de allí. ¡Libros, muchos libros, que yo podía revolver, hojear, quitar, poner otra vez en el estante!

Texto adaptado de Apuntes autobiográficos. Emilia Pardo Bazán. 1886
 Información aportada pola Casa-Museo Emilia Pardo Bazán de A Coruña


Non é casualidade pois,  que quen nos convide a ler no municipio sexa Emilia Pardo Bazán. Ela, que pasou algúns veráns en Sanxenxo deixa constancia nestes apuntes autobiográficos da súa paixón polos libros e a lectura e de cómo descubriu de nena esa biblioteca na casa de aluguer de Miraflores.
Alí mesmo, no pazo de Miraflores, os días 12 e 13 de abril,  temos unha cita coa lectura, os contos e dona Emilia Pardo Bazán.