Mostrando entradas con la etiqueta comprensión lectora. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta comprensión lectora. Mostrar todas las entradas

28/1/13

Resultados da Avaliación Diagnóstica e lectura


En datas recentes, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fixo públicos os resultados da Avaliación Diagnóstica correspondente ao curso 2011/2012 (probas realizadas a alumnado que cursaba ese ano 4º de primaria e 2º de ESO). Aínda que non é nada novo para os mediadores e as mediadoras de lectura, confirma que aquel alumnado que dedica máis TEMPO DIARIO Á LECTURA é o que obtén mellores resultados na área de competencia lingüística, sendo estas diferenzas moi acusadas no alumnado de 2º de ESO. 

Este dato avala as prácticas dos centros educativos que inclúen no seu Proxecto Lector de Centro a "hora de ler", como un tempo diario, mínimo, dedicado á lectura. E as avala, porque aínda que esta cuestión sexa obrigatoria en ensino primario (30 minutos diarios dedicado á lectura), dependendo de como se leve a cabo pode ser mesmo contraproducente. 

Pero os centros que introducen a fórmula da "lectura silenciosa sostida" ou outras fórmulas de lectura individual dun libro que se queira ler, sen ter que responder a cuestionarios nin realizar actividades  escritas (aínda que se poidan comentar e  mesmo avaliar perfectamente o alcance destas lecturas), é dicir, cando introducen a lectura por pracer en horario lectivo, están dando unha oportunidade aos nenos e nenas, aos mozos e mozas, para poder dedicarlle un tempo a ese tipo de lectura, que non teñen doado no resto do día (demasiado ruído, horarios e rutinas pouco favorables á lectura nos ámbitos familiares de moitos deles). 

Así pois, organizar unha "hora de ler" nos centros educativos é traballar pola competencia lingüística do alumnado. Sempre o foi, pero cada día que pasa existen máis argumentos a favor deste tipo de iniciativas. 


Acceso aos resultados  completos

Fonte: Hora de ler

4/5/12

Adpotar un lector/a: lecturas compartidas


"O  2 de abril celebrouse en todo o mundo o Día Internacional do Libro Infantil. Coma en anos anteriores os rapaces e rapazas do IES de Sanxenxo, queremos  celebrar este día con todos vós léndovos contos e historias ben fermosas como esta  que contaba o mundo enteiro.
Ese conto en realidade non era un só, senón moitos máis que comezaron a poboar o mundo coas súas historias de nenas desobedientes e lobos sedutores, de zapatiños de cristal e príncipes namorados, de gatos inxeniosos e soldadiños de chumbo, de xigantes bonachóns e fábricas de chocolate. Poboárono de palabras, de intelixencia, de imaxes, de personaxes extraordinarios. Permitíronlle rir, asombrarse, convivir. Cargárono de significados. E dende aquela eses contos continuaron multiplicándose para dicirnos mil e unha veces
“Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro…”
Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos estamos exercitando a imaxinación, coma se fose necesario adestrala para mantela en forma. Algún día, seguramente sen que o saibamos, unha desas historias acudirá ás nosas vidas para ofrecernos solucións creativas aos obstáculos que se nos presenten no camiño.
            Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos en voz alta tamén estamos repetindo un ritual moi antigo que cumpriu un papel fundamental na historia da civilización: facer comunidade. Ao redor deses contos reuníronse as culturas, as épocas e as xeracións para dicirnos que somos un só os xaponeses, os alemáns e os mexicanos; aqueles que viviron no século XVII e nós que lemos un conto en Internet; os avós, os pais e os fillos. Os contos énchennos por igual aos seres humanos, a pesar das nosas enormes diferencias, porque todos somos, no fondo, os seus protagonistas."
       
 (Adaptación do Manifesto do día 2 de abril. Día Internacional da Literatura infantil 2012 escrito por Francisco Hinojosa)

      No CEIP de PORTONOVO:


       No CEIP de A FLORIDA:

      No CEIP de DORRÓN:

7/4/11

Apadriñamentos



Para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil, un total de 68 rapaces e rapazas distribuídos en tres grupos, foron os padriños e madriñas que leron os seus contos predilectos aos afillados e afilladas que os agardaban con impaciencia nos seus respectivos colexios: Magaláns, A Florida e Portonovo.  A volta ao colexio de orixe e os vínculos afectivos que implica a actividade fai aventurar que as historias e os contos estarán presentes na vida lectora dos protagonistas.



 
Tiven a certeza de que un libro compartido duplica o seu gozo.
Emilio Pascual
 

Abonda unha voz dun narrador cun feixe de ilustracións unidas por un fio condutor, a devota recomendación  dunha obra ou, especialmente, a lectura dun bo libro, para que unha persoa inicie o seu  itinerario lector. Pep Molist

 

Adiviña, adiviña...
Unha casa que ten mil portas que se abren a mil camiños que dan a mil cruceiros
polos que se vai a mil mundos nos que hai mil tempos para ser mil persoas distintas e poder vivir mil vidas dentro de mil casas que caben nunha casa...
Que casa é?
A casa na que se le.Cándido Pazó

 
 
 
 


                                               

15/3/11

En marzo, poesía

PROGRAMA


RECREOS POÉTICOS:

XOVES 3 MARZO:
Performance: Fútbol en verso.
Lugar: Campo de fútbol.
Participa: alumnado de 4º ESO.
Selección de poemas de: Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Modesto Fraga, María Lado, Rafa Villar, Antía Otero, Baldo Ramos, Carlos Negro e Estevo Creus.


XOVES 10 MARZO:
Proxección de VÍDEOS- POEMAS: Na voz dos poetas
Lugar: Biblioteca
Selección dos vídeos:
- Ollos da cidade de Fran Alonso e Kiko Neves
- A Yolanda de Yolanda Castaño
- Si Dios fuera mujer de Benedetti
- Micropoemas de Ajo


XOVES 17 MARZO:
Recital poético – musical
Lugar: Biblioteca
Participan: Alumnado de todos os niveis
Selección de poemas de creación propia
Colabora Departamento de Música


XOVES 24 MARZO:
Poesía na rúa
Lugar: patio do recreo
Participa: alumnado de todos os niveis
Selección de poemas de autores contemporáneos.



I CERTAME DE POESÍA: En la órbita de los libros.
Para todos os niveis da ESO.
Participan os institutos do proxecto ARCE:

IES MEDITERRÁNEO. Cartagena
IES MIGUEL DURÁN. Badajoz
IES TORRE ATALAYA. Málaga
IES JOSEP SUREDA I BLANES. Mallorca
IES LLUIS COMPANYS. Barcelona
IES SANXENXO. Pontevedra

POEMAS- MÓVIL: Poemas da campaña “librosalacalle” colocados en diferentes espazos do IES.

CAMPAÑA PUBLICITARIA:Consume poesía.
Alumnado 4º ESO
Colabora Departamento Informática



PROXECCIÓNS NA ENTRADA DO IES:
  • O século XXI, mellor en verso.Mostra dos poetas máis novos da literatura galega e castelá.
  • Empuñando el alma. Homenaxe a Miguel Hernández na voz do cantautor Rubén Suáre
BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN
  • Cuestionarios con preguntas sobre os autores e os poemas que se recitan ou se proxectan.
  • Poemas mutilados para completar.