Para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil, un total de 68 rapaces e rapazas distribuídos en tres grupos, foron os padriños e madriñas que leron os seus contos predilectos aos afillados e afilladas que os agardaban con impaciencia nos seus respectivos colexios: Magaláns, A Florida e Portonovo. A volta ao colexio de orixe e os vínculos afectivos que implica a actividade fai aventurar que as historias e os contos estarán presentes na vida lectora dos protagonistas.
Adiviña, adiviña...
Unha casa que ten mil portas que se abren a mil camiños que dan a mil cruceiros
polos que se vai a mil mundos nos que hai mil tempos para ser mil persoas distintas e poder vivir mil vidas dentro de mil casas que caben nunha casa...
Que casa é?
A casa na que se le.Cándido Pazó
1 comentario:
Meu nome é Isabel Lima Martínez e participei na actividade de apadriñar a un rapaz.
No meu caso foron dúas rapazas ,Candela e Paula.
Gustoume moito a experiencia,unha vez mais dinme conta de que xa non son aquela cativa que lle gustaba escoitar as historias dos maiores.
Ao ver a elas como me escoitaban moi atentas,recordei os meus anos de nena pequena.
So sei unha cousa,que a lectura une tanto a pequenos como a xovenes ou adultos,só hai que entendela e querela.
Gustoume moito e sen dúbida para o ano volverei a repetilo.
Isabel 1ºA
Publicar un comentario