| Cool Slideshows |
Mostrando entradas con la etiqueta Apadriñamento lector. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Apadriñamento lector. Mostrar todas las entradas
4/4/13
Tempo de lectura compartida no Ceip Portonovo
O alumnado de 1ºESO achegouse un ano máis ao CEIP de Portonovo para contarlle contos aos nenos e nenas de 5 anos. Deste xeito celebramos, aínda que con algo de adianto, o día internacional da literatura infantil e xuvenil. Unha xornada inesquecible para tod@s como mostran as imaxes.
1/4/13
Dedicatorias e agasallos (A Florida III )
Como despedida deixamos testimonio escrito escribindo dedicatorias nos medallóns e no conto que queda como símbolo desta celebración na biblioteca de A Florida. Viñémonos con bolígrafos que nos agasallaron, felices, con ganas de seguir escribindo e contando máis historias.
Etiquetas:
Animación á lectura,
Apadriñamento lector,
Educación,
Intercentros,
Lemosxuntos
Comprendemos a historia ( A Florida II)
Despois da lectura os "padriños e madriñas" inician un diálogo sobre a historia que os pequenos tratan de plasmar fundamentalmente con debuxos, profundizando deste xeito un pouco máis na trama e nos personaxes do conto lido. Estamos traballando a comprensión lectora.
| |
Etiquetas:
Animación á lectura,
Apadriñamento lector,
Bibliotecas,
Contacontos,
Intercentros,
Lemosxuntos
27/3/13
Momentos de lectura compartida en A Florida (I)
O alumnado de 2º ESO achegouse ata o colexio de A Florida para compartir momentos de lectura cos nenos e as nenas de 1º de Primaria. Lectura a dúas voces, pois os máis pequenos tamén quixeron demostrar que xa saben ler e contar historias. Eles mesmos escolleron este ano aos seus "padriños" e "madriñas", sorprendéndoos cun medallón feito por eles mesmos como recibimento.
O primeiro obxectivo é xenerar a confianza necesaria para entablar unha conversa que permita coñecerse mutuamente para logo poder disfrutar da historia compartida. Con esta actividade preténdese deixar unha fonda impronta no feito de ler xuntos, pero ademais contribuir a desenvolver as relacións interpersoais e o achegamento entre os nenos e nenas de idades diferente.
Etiquetas:
Animación á lectura,
Apadriñamento lector,
Intercentros,
Lemosxuntos
4/5/12
Adpotar un lector/a: lecturas compartidas
"O 2 de abril
celebrouse en todo o mundo o Día Internacional do Libro Infantil. Coma en anos
anteriores os rapaces e rapazas do IES de Sanxenxo, queremos celebrar este día con todos vós léndovos
contos e historias ben fermosas como esta que contaba o mundo enteiro.
Ese conto en realidade non era un só, senón moitos máis que
comezaron a poboar o mundo coas súas historias de nenas desobedientes e lobos
sedutores, de zapatiños de cristal e príncipes namorados, de gatos inxeniosos e
soldadiños de chumbo, de xigantes bonachóns e fábricas de chocolate. Poboárono
de palabras, de intelixencia, de imaxes, de personaxes extraordinarios.
Permitíronlle rir, asombrarse, convivir. Cargárono de significados. E dende
aquela eses contos continuaron multiplicándose para dicirnos mil e unha veces
“Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro…”
Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos estamos exercitando a
imaxinación, coma se fose necesario adestrala para mantela en forma. Algún día,
seguramente sen que o saibamos, unha desas historias acudirá ás nosas vidas
para ofrecernos solucións creativas aos obstáculos que se nos presenten no
camiño.
Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos en voz alta tamén estamos
repetindo un ritual moi antigo que cumpriu un papel fundamental na historia da
civilización: facer comunidade. Ao redor deses contos reuníronse as culturas,
as épocas e as xeracións para dicirnos que somos un só os xaponeses, os alemáns
e os mexicanos; aqueles que viviron no século XVII e nós que lemos un conto en
Internet; os avós, os pais e os fillos. Os contos énchennos por igual aos seres
humanos, a pesar das nosas enormes diferencias, porque todos somos, no fondo,
os seus protagonistas."
(Adaptación do Manifesto do día 2 de abril. Día Internacional da Literatura infantil 2012 escrito por Francisco Hinojosa)
(Adaptación do Manifesto do día 2 de abril. Día Internacional da Literatura infantil 2012 escrito por Francisco Hinojosa)
14/12/11
"El mundo al que vienes"
El mundo al que vienes é o título do álbum elexido polos bibliómanos do IES de Sanxenxo para os nenos e nenas do pobo saharaui. Unha pequena aportación para un gran proxecto baixo o nome de Bubisher.
Aquel niño partía feliz para la vida, para una vida con un libro en la mano,
siempre en la mano. Dámaso Alonso
Bo Nadal e Felices Lecturas no Novo Ano!!¡
Etiquetas:
Apadriñamento lector,
Dereitos Humanos,
Homenaxe,
Intercentros,
interculturalidade,
PLAMBE
11/12/11
Dereitos humanos e o BuBiSheR

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.
Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe pensar que outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"
* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!
Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)
Etiquetas:
Apadriñamento lector,
Bibliotecas,
Dereitos Humanos,
Homenaxe,
Intercentros,
Paz,
PLAMBE
7/4/11
Apadriñamentos
Para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil, un total de 68 rapaces e rapazas distribuídos en tres grupos, foron os padriños e madriñas que leron os seus contos predilectos aos afillados e afilladas que os agardaban con impaciencia nos seus respectivos colexios: Magaláns, A Florida e Portonovo. A volta ao colexio de orixe e os vínculos afectivos que implica a actividade fai aventurar que as historias e os contos estarán presentes na vida lectora dos protagonistas.
Adiviña, adiviña...
Unha casa que ten mil portas que se abren a mil camiños que dan a mil cruceiros
polos que se vai a mil mundos nos que hai mil tempos para ser mil persoas distintas e poder vivir mil vidas dentro de mil casas que caben nunha casa...
Que casa é?
A casa na que se le.Cándido Pazó
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

