Mostrando entradas con la etiqueta TIC. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TIC. Mostrar todas las entradas

15/3/11

En marzo, poesía

PROGRAMA


RECREOS POÉTICOS:

XOVES 3 MARZO:
Performance: Fútbol en verso.
Lugar: Campo de fútbol.
Participa: alumnado de 4º ESO.
Selección de poemas de: Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Modesto Fraga, María Lado, Rafa Villar, Antía Otero, Baldo Ramos, Carlos Negro e Estevo Creus.


XOVES 10 MARZO:
Proxección de VÍDEOS- POEMAS: Na voz dos poetas
Lugar: Biblioteca
Selección dos vídeos:
- Ollos da cidade de Fran Alonso e Kiko Neves
- A Yolanda de Yolanda Castaño
- Si Dios fuera mujer de Benedetti
- Micropoemas de Ajo


XOVES 17 MARZO:
Recital poético – musical
Lugar: Biblioteca
Participan: Alumnado de todos os niveis
Selección de poemas de creación propia
Colabora Departamento de Música


XOVES 24 MARZO:
Poesía na rúa
Lugar: patio do recreo
Participa: alumnado de todos os niveis
Selección de poemas de autores contemporáneos.



I CERTAME DE POESÍA: En la órbita de los libros.
Para todos os niveis da ESO.
Participan os institutos do proxecto ARCE:

IES MEDITERRÁNEO. Cartagena
IES MIGUEL DURÁN. Badajoz
IES TORRE ATALAYA. Málaga
IES JOSEP SUREDA I BLANES. Mallorca
IES LLUIS COMPANYS. Barcelona
IES SANXENXO. Pontevedra

POEMAS- MÓVIL: Poemas da campaña “librosalacalle” colocados en diferentes espazos do IES.

CAMPAÑA PUBLICITARIA:Consume poesía.
Alumnado 4º ESO
Colabora Departamento Informática



PROXECCIÓNS NA ENTRADA DO IES:
  • O século XXI, mellor en verso.Mostra dos poetas máis novos da literatura galega e castelá.
  • Empuñando el alma. Homenaxe a Miguel Hernández na voz do cantautor Rubén Suáre
BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN
  • Cuestionarios con preguntas sobre os autores e os poemas que se recitan ou se proxectan.
  • Poemas mutilados para completar.

18/9/09

Recursos web do OPAC MEIGA


A Biblioteca do IES Nsa. Sra. dos Ollos Grandes acaba de publicitar no seu blog  un recurso con gran potencial educativo que temos á nosa disposición  todas as bibliotecas que estamos na rede de Bibliotecas de Galicia xestionadas polo OPAC MEIGA. Para acceder só precisas ser usuario dunha destas bibliotecas e entrar no portal do programa Meiga, en Recursos web no lateral esquerdo e elexir a ligazón do teu interese: recursos electrónicos/ webs recomendadas/ e-revistas/ autores galegos/ Bib. virtual galega/ Bib. dixital de Galicia...




Para acceder só precisas introducir o número de carné da Biblioteca da que eres usuario e como contrasinal o teu nome ou un dos teus apelidos.

29/4/09

TROPA DE TRAPO

O poder de seducción da palabra que o envolve todo creando unha atmósfera cálida, suxerente, misteriosa... xunto co poder da música, sempre unha boa aliada nestes casos, conseguiron nas voces e na melodía interpretada pola xove parella de Tropa de trapo cautivar a todos os que o luns 20 de abril nos xuntamos na Fundación Caixa Galicia.




Pero todavía hai máis. O turno agora é para os rapaces e son eles quen teñen a palabra e unha madeixa de lá. Cúmpre tirar do fío e botarlle algo de imaxinación para obter un bo resultado.

Son contos compartidos. Un grupo de rapaces dos centros de A Florida, Dorrón, Portonovo, Vilalonga e Sanxenxo reuníronse para coñecerse despois de participar na elaboración dun conto a través da rede.

Visitade o blog de Rubén para coñecer a súa opinión. Non deixes tampouco ti de ofrecernos a túa.

E se queres ver máis fotos ou saber máis acerca desta actividade visita o wiki dos contos compartidos.

18/11/08

A lectura na sociedade da información


Esta semana están tendo lugar en Madrid unhas xornadas monográficas baixo o título A lectura na Sociedade da Información organizadas pola fundación Santillana. Recollemos algunhas das intervencións do día da inauguración publicadas no diario El País.


Fernando Reimers: catedrático de Educación Internacional na Universidade de Harvard.

  • A lectura non é un área máis, é a peza fundamental para aprender o resto de materias. Por iso, tanto a directora da escola como o profesor de matemáticas ou ciencias e a supervisora curricular deberían ter polo menos un nivel básico de coñecemento acerca de como promover a aprendizaxe da lectura e a escritura no seu ámbito específico.
  • A función que ten a lectura e escritura no ámbito familiar tamén inflúe nos hábitos que desenvolve un neno.
  • Un problema común do profesorado na súa formación inicial é a falta de preparación especializada na didáctica da lecto-escritura.
Ignacio Polanco:presidente do Grupo PRISA.

  • As novas tecnoloxías revitalizaron a lectura
    A lectura é o resorte máis importante na aprendizaxe e o que dá sentido a todos os recursos que as tecnoloxías da información e a comunicación achegan. (...) Estas revitalizaron a lectura, facéndoa máis necesaria e salientando os seus aspectos máis necesarios, a comprensión e a valoración.

Mercedes Cabrera: ministra de Educación.
  • As familias teñen un papel fundamental no hábito de lectura dos fillos.
  • A misión do profesorado non termina en transmitir coñecementos, senón en espertar o afán por coñecer, por ler.
  • Os profesores deben ler cos alumnos para transmitir o pracer da lectura e o ansia de aprender.
  • Os alumnos non deben conformarse cos libros obrigatorios na escola, senón que hai que acompañalos para que saiban elixir os que lles axuden a entender o mundo e a participar nel.
  • Tamén destacou a importancia de mellorar as bibliotecas escolares como lugar non só de estudo, senón tamén de refuxio '' e de goce.

    Na fotografía recollida de EL País, Ignacio Polanco e Mercedes Cabrera seguen a conferencia de Fernando Reimers.

7/7/08

III ENCONTRO EDUBLOGS


Estes días tivo lugar en Santiago o III Encontro de Edublogs. Participei no Taller de Multimedia impartido por Ángel Puente e na creación de wikis con wikispaces impartido por Lourdes Barroso. Experencias prácticas e claras que sen dúbida farán mellorar este blog, alomenos iso nos propoñemos.

As bibliotecas escolares estivemos unha vez máis formando parte do programa representadas magníficamente por O Segrel do Penedo. Podemos ver a presentación da súa ponencia no seu blog.
Un encontro pois, para encontrarnos. As pegadas desta vez, espállanse por toda a xeografía peninsular.Noraboa a Loly e a todos os que o facedes realidade.

17/5/08

Día de ...




Na nosa comunidade o 17 de maio adquire especial dimensión por coincidir a festa das Letras Galegas co Día de Internet e o Dia Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. Ademais o domingo, despois da celebración do Día das Letras Galegas, conmemórase a Noite dos Museos,emparellada co Día Internacional dos Museos.



Lingua, internet,e museos, unha triple invitación ao seu uso e disfrute. Tres efemérides de hoxe e mañá, para aos 365 días do ano.

9/1/08

Dificultades coa informática?


O video non ten desperdicio. En realidade é unha especie de autocrítica xa que levamos a voltas co noso blog moito tempo e isto semella non ir para adiante...