Mostrando entradas con la etiqueta integración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta integración. Mostrar todas las entradas

2/2/10

A necesaria cultura de paz


Neste final de xaneiro do 2010 no que celebramos o día da Paz e a Non-Violencia na maioría das escolas e os institutos de España, debemos de reivindicar a educación para unha cultura de paz non tanto como unha necesidade educativa, senón como unha necesidade social que responde á urxencia de ter cidadáns e cidadás comprometidos cos problemas globais que afectan ao mundo e coas súas alternativas.

Esta educación para unha cultura de paz debe dirixir o sentido das Ciencias Sociais, Políticas e Morais, da Filosofía e das Humanidades\; pero tamén debería ser o fundamento do sentido das ciencias físicas e experimentais, así como da importancia e da utilidade que hoxe teñen a implantación e o desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, e as súas relacións cos problemas e as solucións globais do mundo moderno.

                                                                                           Editorial  Escuela española do 28 xaneiro 2010




1/2/10

Palabras de paz


Febreiro comeza con poesía, con recitais poéticos na voz e na lingua dos rapaces e rapaces que deixaron, na meirande dos casos, o seu país de procedencia para estar entre nós. Por segundo ano consecutivo el@s son os protagonistas e teñen a Palabra.

5/5/09

Un libro por un alimento











A Biblioteca municipal de Baiona vén de organizar unha campaña para recaudar alimentos para as familias máis necesitadas a petición de Juani Alonso, presidenta de Axuda ao mundo necesitado e asidua usuaria desta biblioteca. Unha boa acción que nós recollemos e coa que queremos colaborar. Moitas grazas.





30/1/09

El@s teñen a voz.


La paloma de Rafael Alberti, traducido por LU YAO LIU de ZHEJIANG.(China)



Son catro.

Dous deles acaban de chegar estes días ao instituto.

Pero hoxe xa son coñecidos por case tod@s.

A Biblioteca encheuse para escoital@s.

O mérito de hoxe é ser estranxeiro e estranxeira.

A bandeira que nos unía La paloma de ALBERTI.

Porque en palabras de Gracia, hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transformáronse en trasnos portadores de equidade.




Na Biblioteca recitaron esta mañá catro compañeiros na súa propia lingua, co seu propio acento.
  • Regina de Santo Domingo,

  • Lu Yao, que ven dunha cidade ao lado de Shangai, na China;
  • Fabricio, que ven de Uruguay

  • Andrea, que recitou en flamenco e ven de Holanda.

Mil grazas. Quedámonos cun sabor doce que nos soupo a pouco.


14/5/08

Mellores coches e casas máis grandes.



Traduzo este comentario de Mari Luz Flores, licenciada en Belas Artes e ilustradora de contos acerca desta imaxe publicada no País este outono,que non nos deixa indiferentes e que debería facernos reflexionar, tan sequera por un instante.

Segundo o pé de foto, Novos estudantes aproveitan a luz dos farois do aeroporto de Gbessi, en Guinea- Conakry, onde só o 5% da poboación ten electricidade na casa. 

E penso en nós. Onte oín a Sean Penn nunha entrevista que falaba dunha experiencia que tivera índose un tempo ás montañas. Recomendábao aos mozos para saír do confort en que vivimos. E penso no meu pai, e en todos os da súa xeración: nenos que creceron nunha posguerra, onde só os máis afortunados puideron estudar, e deses tan só un puñado puideron escoller o que querían. E non falemos de saber idiomas ou saír ao estranxeiro. Nós temos todas esas cousas. ¿E que facemos con iso? Mellores coches e casas máis grandes . Pero si que é certo que empregamos todos os recursos que temos ao noso alcance. ¿ Valorámolos, sequera? Un do meu traballo dixo o outro día, textualmente: Non sei o que é o art-deco, pero ademais é que non me importa e dáme igual admitilo.
Non coñezo a súa historia, pero penso no seu pai e no meu, e nos mozos de Guinea-Conakry. Maldita sexa, que desperdicio.

Vía:Cuentos de bolsillo