Mostrando entradas con la etiqueta Semana cultural. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Semana cultural. Mostrar todas las entradas

3/5/12

8ª edición do Certame Literario IES Sanxenxo


            Un ano máis o Certame literario congrega a rapaces e rapazas de todo o concello de Sanxenxo. Este ano a convocatoria fíxose en dous turnos: comezaron os maiores, os da categoría C (2º ciclo da ESO) e D (Bacharelato) para continuar despois do mediodía coas outras outras categorías: A (3º ciclo de Primaria) e B (1º ciclo da ESO). 

           Este ano ademais dos centros habituales, cabe resaltar a participación dos centros de Primaria de Nantes, Vilalonga e o colexio Abrente. En espera dos resultados finais e do fallo dos premios deixamos aquí unha mostra en imaxes do que foi unha mañá intensa, na que unha vez máis a mocidade da exemplo do seu compromiso coa palabra como instrumento para comunicarse cos outros. Exemplo tamén de saber estar. Toda unha lección para incrédul@s!
Os nosos parabéns porque tod@s sodes merecedores de premio.






7/4/11

Apadriñamentos



Para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil, un total de 68 rapaces e rapazas distribuídos en tres grupos, foron os padriños e madriñas que leron os seus contos predilectos aos afillados e afilladas que os agardaban con impaciencia nos seus respectivos colexios: Magaláns, A Florida e Portonovo.  A volta ao colexio de orixe e os vínculos afectivos que implica a actividade fai aventurar que as historias e os contos estarán presentes na vida lectora dos protagonistas.



 
Tiven a certeza de que un libro compartido duplica o seu gozo.
Emilio Pascual
 

Abonda unha voz dun narrador cun feixe de ilustracións unidas por un fio condutor, a devota recomendación  dunha obra ou, especialmente, a lectura dun bo libro, para que unha persoa inicie o seu  itinerario lector. Pep Molist

 

Adiviña, adiviña...
Unha casa que ten mil portas que se abren a mil camiños que dan a mil cruceiros
polos que se vai a mil mundos nos que hai mil tempos para ser mil persoas distintas e poder vivir mil vidas dentro de mil casas que caben nunha casa...
Que casa é?
A casa na que se le.Cándido Pazó

 
 
 
 


                                               

15/5/10

Semana cultural

Na última semana de abril e arredor do día do libro o instituto vén celebrando unha semana na que se aglutinan actividades organizadas polos distintos departamentos didácticos arredor dun tema común. Este ano o proxecto levaba por título "Os movementos alternativos na década dos 60". O Departamento de Sociais coordinou todo o proceso.

Destacar a presencia de Don Xesús Alonso Montero que falou aos rapaces de 4º ESO daqueles tempos, sobre todo relacionándoos cos estudios e a universidade da época, suliñando a falta de liberdades como denominador común.


Rafael Pillado,  fundador de CC.OO. de Galicia, estivo tamén no centro para recordar aqueles anos baixo o punto de vista sindical;  foi detido en diversas ocasións e procesado no "Xuízo dos 23" en 1972.



Por outra banda, Patricía Salías, membro da ANPA, presentou un traballo realizado a través da Secretaría de Emigración e Asuntos Sociais acerca da emigración vivida nas décadas dos anos 60 e 70 no municipio. Ramón López, expuxo  a súa experiencia como emigrante e mariñeiro aos alumnos de  3º ESO cos que mantivo unha animada charla coloquio.



No auditorio Emilia Pardo Bazán, José María Íñigo ofreceu unha charla na que lembrou como se vivía nos sesenta, falou da vida cotidiana, dos usos  e costumes desa época, da moda, da publicidade e tamén da música  e da radio e  da televisión, medios que el coñece moi ben.