15/5/10

Semana cultural

Na última semana de abril e arredor do día do libro o instituto vén celebrando unha semana na que se aglutinan actividades organizadas polos distintos departamentos didácticos arredor dun tema común. Este ano o proxecto levaba por título "Os movementos alternativos na década dos 60". O Departamento de Sociais coordinou todo o proceso.

Destacar a presencia de Don Xesús Alonso Montero que falou aos rapaces de 4º ESO daqueles tempos, sobre todo relacionándoos cos estudios e a universidade da época, suliñando a falta de liberdades como denominador común.


Rafael Pillado,  fundador de CC.OO. de Galicia, estivo tamén no centro para recordar aqueles anos baixo o punto de vista sindical;  foi detido en diversas ocasións e procesado no "Xuízo dos 23" en 1972.



Por outra banda, Patricía Salías, membro da ANPA, presentou un traballo realizado a través da Secretaría de Emigración e Asuntos Sociais acerca da emigración vivida nas décadas dos anos 60 e 70 no municipio. Ramón López, expuxo  a súa experiencia como emigrante e mariñeiro aos alumnos de  3º ESO cos que mantivo unha animada charla coloquio.



No auditorio Emilia Pardo Bazán, José María Íñigo ofreceu unha charla na que lembrou como se vivía nos sesenta, falou da vida cotidiana, dos usos  e costumes desa época, da moda, da publicidade e tamén da música  e da radio e  da televisión, medios que el coñece moi ben.




 

No hay comentarios: