1/4/13

Dedicatorias e agasallos (A Florida III )


Como despedida deixamos testimonio escrito escribindo dedicatorias nos medallóns e no conto que queda como símbolo desta celebración na biblioteca de A Florida.   Viñémonos con bolígrafos que nos agasallaron, felices, con ganas de seguir escribindo e contando máis historias.












Comprendemos a historia ( A Florida II)


Despois da lectura os "padriños e madriñas" inician un diálogo sobre a historia que os pequenos tratan de plasmar fundamentalmente con debuxos, profundizando deste xeito un pouco máis na trama e nos personaxes do conto lido. Estamos traballando a comprensión lectora.

DSCN6929 DSCN6928
DSCN6924 DSCN6944
    
  DSCN6938 DSCN6935

27/3/13

Momentos de lectura compartida en A Florida (I)



O alumnado de 2º ESO achegouse  ata o colexio de A Florida  para compartir momentos de lectura cos nenos e as nenas de 1º de Primaria. Lectura a dúas voces, pois os máis pequenos tamén quixeron demostrar que xa saben ler e contar historias. Eles mesmos escolleron este ano aos seus "padriños" e "madriñas", sorprendéndoos cun medallón feito por eles mesmos como recibimento.




O primeiro obxectivo é xenerar a confianza necesaria para entablar unha conversa que permita coñecerse mutuamente para logo poder disfrutar da historia compartida. Con esta actividade preténdese deixar unha fonda impronta no feito de ler xuntos, pero ademais contribuir a desenvolver as relacións interpersoais  e o achegamento entre os nenos e nenas de idades diferente.

13/3/13

Unha clase con Ángel Carracedo


O alumnado de 4º ESO da rama científica foi convidado pola Biblioteca do IES de Vilalonga para asistir á conferencia do profesor da Universidade de Compostela, Ángel Carracedo. Uns trescentos rapaces dos dous institutos xuntáronse o mércores 6 de marzo no Auditorio municipal de Miraflores para ser testemuñas dunha charla excepcional.  

Carracedo falou de investigación e de cómo ésta pode axudar a resolver os problemas da vida diaria; das aplicacións clínicas e forenses que ten a medicina xenómica, dos casos mediáticos como o caso Bretón, das enfermidades como o cancro e o lupus; da inversión dos estados en investigación... O alumnado tivo ocasión de facerlle preguntas ao profesor e incluso unha entrevista. Ángel Carracedo  recibiu o premio Fernández Latorre no 2011 pola súa traxectoria no Instituto de Medicina Legal de Santiago. 




O

4/3/13

Proxecto-piloto E-LBE: lectores electrónicos

O 20 de febreiro, o auditorio da Biblioteca de Galicia acolleu a presentación dun proxecto piloto para a incorporación dos lectores electrónicos nas bibliotecas escolares, E-LBE, integrado no PLAN LÍA de bibliotecas escolares, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

En novembro de 2012, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos realizou unha convocatoria destinada aos centros incluídos no PLAMBE. Dun total de 327 solicitudes seleccionáronse  25 centros que cumprían os requisitos da convocatoria: 
- compromisto coa biblioteca escolar (manifestado na memoria do curso anterior)
- e instalación en concellos rurais galegos. 

A nosa biblioteca foi unha das seleccionadas e contamos con 4 dispositivos de lectura electrónica que teremos que utilizar en función dos obxectivos do Proxecto Lector do Centro coa orientación  do equipo de biblioteca. 
O  proxecto busca, fundamentalmente, proporcionar ao alumnado novas experiencias de lectura. 
Á final de ano teremos que participar, mediante un formulario, na elaboración dun informe para a valoración desta experiencia.

+ Info: IMIT (Iniciativas de Modernización e Innovación Tecnolóxica) 



Canta, meniña gaiteira! (II)

Agora si que podemos oir as súas voces!