26/3/08

A festa do teatro


Rematamos o anterior trimestre asistindo á representación dunha obra teatral O club da calceta e comezamos éste rememorando o Día Internacional do Teatro e asistindo a entrega de premios María Casares. O escritor Suso de Toro será o encargado de ler o manifesto que conmemora o trinta aniversario do teatro profesional en Galicia.

A Piragua do Centro Dramático Galego, á que asistimos a súa representación en Santiago o ano pasado é finalista en 7 categorías. Susana Dans repite coma actriz en ámbalas obras. ¡Que haxa sorte!

No hay comentarios: