2/8/08

The Remains of the Day

¿ Xustificarías que alguén queira quitarche o libro que estás a ler en soedade? ¿ Pensarías que tratan de de invadir a túa intimidade? ¿ E se ese alguén fora a persoa que amas en silencio? ¿ E se ademáis esa persoa á que amas trata ao mesmo tempo de insinuarseche ?
Este momento de especial tensión dramática é o que se recolle en The Remains of the Day do director James Ivory, baseada na novela de Kazuo Isiguro e protagonizada por Anthony Hopkins e Emma Thompson, unha escena de amor e desdén na que aparece por medio a lectura dun libro.

O protagonista, o señor Stevens ve interrumpida a súa intimidade cando a señorita Kenton trata de saber que está lendo. A dignidade e trascendencia que otorga o protagonista o seu traballo como maiodormo está por enriba de todo sentimento, o que xustifica a súa actitude fría e distante ante calquer feito que poida alterar a súa vida entregada a ese fin.
O vídeo recolle este maxistral momento onde descubrimos que este "perfecto cabaleiro" tamén pon a lectura o servizo da súa formación, nunca por deleite. Os sentimentos sempre ocultos, os mesmos que lle impiden comprender o amor que Miss Kenton sinte por el.








3 comentarios:

Unknown dijo...

Me gustó el relato, porque el personaje del sobrino, me recuerda a mi; porque no me gusta leer pero ,cuando empiezo un libro, si me gusta desde el principio o un poco más, no soy capaz de soltarlo.

Biliomanía dijo...

Álvaro, tu comentario se refiere al texto de Almudena Grandes, publicado con fecha del 17 de agosto. Te diré que ya eres un bibliómano porque has descubierto lo que es sentirse atrapado en las redes de la lectura. Ojalá, que este curso que comienza encuentres en Bibliomanía más libros que no seas capaz de soltar de tus manos.

Esteban dijo...

Ami no me gusto nada el texto por que no me gusta leer y tambien por que no entiendo.