26/2/10

Roberto Salgueiro e os MAX


Si,  ROBERTO SALGUEIRO é candidato ao  mellor autor teatral en galego dos Premios MAX das Artes Escénicas  2010 pola súa obra Valentino Ruffini e Akil Pillaban de viaxe a Milán (e van sen un can). Unha comedia ambientada na Venecia do século XVIII, deliciosa, fresca,  na que a amizade vence as diferencias sociais existentes entre os protagonistas. Dirixida a todos os públicos, vén de ser representada con gran éxito polo grupo Talía.

Congratulámonos con esta nominación  e sentímola próxima, ao igual que os seus  libros e as súas palabras adicadas aos alumnos e á biblioteca do centro.

Parabéns!!!













Para tod@s os que gustedes do teatro, sabede que
Valentino Rufini... xa está na biblioteca. !!!

Risas garantizadas.









No hay comentarios: