Agustín Fernández Paz  acaba de
ser galardoado co VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil
polo seu compromiso cos  valores humanos 
universais  e o  seu papel determinante na construción
dunha  literatura infantil  e xuvenil en lingua galega. É a primeira
vez que un premio a nivel internacional recoñece  a traxectoria dun escritor en lingua galega .
Congratulámonos de tan boa nova. 
Agustín Fernández Paz  forma
parte dos nosos escritores máis queridos e apreciados. Hai uns anos puidemos
contar coa súa presenza na entrega dos premios do III Certame literario de
Sanxenxo,  e cando botamos a andar o club de lectura foi  o seu libro Noite de voraces sombras o que abriu as propostas de lecturas dese ano. 
No presente curso escolar outro dos seus libros máis premiados, O único que queda é o amor está proposto como lectura en todos os institutos que participamos no proxecto ARCE. Sen dúbida, unha boa elección que non defraudará.
 

No hay comentarios:
Publicar un comentario