10/6/13

Seguimento dos empréstitos 2012-13


Ofrécese información sobre diversos parámetros do uso que a comunidade educativa deu aos fondos, como por exemplo: cales foron os documentos máis demandados e a evolución do seu uso ao longo do presente curso escolar.

Os documentos máis demandados foron os libros, representando o 87,64% dos empréstitos solicitados, seguido dos audiovisuais cun 9,39%. Os documentos electrónicos tiveron unha demanda do 2,21% e os documentos englobados nos capítulos de documentos sonoros e outros documentos só tiveron unha demanda do 0,75%, realizándose 14 empréstitos destes capítulos en todo o curso.     

Os empréstitos totais de fondos realizados mensualmente reflíctense na seguinte gráfica:



A evolución do empréstito de fondos realizada con respecto a cursos anteriores, segue a ter unha tendencia ascendente. Así o incremento deste curso escolar, con respecto ao pasado, é dun 22,8%. Na gráfica seguinte pódese observar a evolución dos empréstitos totais ao longo dos cinco últimos cursos escolares.


Nesta outra gráfica pode verse tanto a evolución porcentual anual como a acumulada con respecto ó curso inicial de estudo.


O incremento porcentual de empréstitos realizados dende o curso 2008-2009, momento a partir do cal se dispón de datos estatísticos, foi constante curso a curso, acumulándose no curso actual un incremento do 125,98% con respecto a aquel, segundo se pon de manifesto na gráfica.

Sinalar que este incremento no número de empréstitos prodúcese a pesares de que  o número de alumnos/as matriculados no centro ven diminuíndo nos últimos cursos escolares, aínda que no presente curso houbo un pequeno incremento, do 2,33%, sobre o curso anterior. 

Análise realizada por Mª Carmen Parrado.


No hay comentarios: